Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 22/06/2012

IES Concepción Arenal: Cliphistoria

 

Un exemplo do uso educativo de Youtube o atopamos en Cliphistoria,  onde podemos ver clips de películas españolas e hispanoamericanas que axudan a ilustrar a historia de España. O creador da canle é Manuel González, profesor do IES Concepción Arenal de Ferrol, que fíxoo con dous obxectivos:
 
  • Facer máis atractivo o aprendizaxe da súa materia, axudándose de fragmentos de películas que axuden a comprender os textos

 

  • Promover o coñecemento do cine español e latinoamericano entre o seu alumnado, que parece seguir o seu exemplo coas canles Artistas de 1º (alumnado de Cultura audiovisual de 1º de bacharelato) e Recunchos da memoria (alumnado de Historia de Galicia de 2º de bacharelato)
 
A canle está organizada en dez listas de reprodución que abarcan as distintas etapas da historia de España, empezando na idade antiga e rematando coa Segunda República. Algúns dos clips repítense en listas monográficas dedicadas á historia de América Hispana, literatura, arte, muller, educación e historia de Galicia. Nesta última lista hai 131 vídeos abarcando desde o megalítico ata un documental sobre Guerra Civil e o franquismo preparado polo colectivo Macema, formado por alumnas de 2º de bacharelato do IES Concepción Arenal.
 
 
Os vídeos teñen unha duración entre dous e cinco minutos e contan cunha breve explicación dos acontecementos que relata e o título, director e ano da película da que está extraído. Na súa selección non se tiveron en conta criterios ideolóxicos, procurando que, se é posible, un acontecemento apareza tratado desde varios puntos de vista, promovendo o debate entre o alumnado.
 
 
Cliphistoria creouse en febreiro do ano 2011 e, na actualidade, conta con 1222 vídeos cargados e supera o millón de reproducións. Manuel González segue engadindo aproximadamente unha película diaria e, no futuro, prevé engadir unha etapa histórica sobre o franquismo e aumentar as listas temáticas cunha adicada á emigración ao longo da historia de España.
 
 
 
 
 
 
 
 
3.918
Average: 3.9 (10 votes)
Your rating: Ninguno
3.918
Average: 3.9 (10 votes)
Your rating: Ninguno
(10 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.