Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 13/04/2018

IES Mestre Landín: «Debemos fuxir da aprendizaxe memorística de hai corenta anos»

No IES Mestre Landín  de Marín a aposta polas novas tecnoloxías é firme. O seu director, Héber Jaime García, explica como o centro conta na totalidade da súa superficie con WiFi de máxima velocidade e se encontra nun «clímax de medios técnicos». Tras ser usuarios do plan Abalar durante varios anos, pouco a pouco a plataforma E-Dixgal vaise facendo un oco entre alumnado e profesorado. Igualmente que outros compañeiros, Héber ve que polas TIC pasa boa parte da innovación educativa. Polo pronto, e tal como indican as súas palabras, a implantación no seu centro é todo un éxito. «No noso instituto distinguimos tres eslavóns: primeiro os rapaces, logo os mestres e por último os libros de texto», sinala. «Nas clases que se plantexan o libro de texto xa non é a ferramenta principal, senón unha secundaria, e as novas plataformas dixitais axudan moitísimo a elo». Héber tamén é profesor de tecnoloxía, unha materia que, por norma xeral, sempre foi pioneira á hora de tratar de acercar as novas tecnoloxías aos alumnos, así como no funcionar de porta ou nexo cara aos coñecementos de informática.

Para os seus alumnos o contacto cunha pantalla é algo habitual. Lévano facendo dende o seu nacimento, viviron un dos saltos tecnolóxicos máis grandes de nosa historia. «Tratamos de apostar polo alumno. Unha dinámica na que o rapaz elixa os seus proxectos, tente facelos e tente buscar como levalos a cabo», sinala. «Antes o profesor daba toda a información pero debemos fuxir da aprendizaxe totalmente memorística que se levaba hai corenta anos —explica o docente—. Temos que facer que os rapaces procesen por si mesmos a información, que aprendan a facelo, porque están todo o día rodeados dela».

Esta dinámica da que fala o director do Mestre Landín englóbase nunha das competencias clave promulgadas e

recollidas pola LOMCE, o «aprender a aprender»; na que se busca e promove a autonomía do alumno. O profesor funciona como un guía de dúbidas e ofrece consello, pero non é a súa figura a que aporta toda a información para os exercicios, senón que esta está repartida entre diferentes fontes e formatos.

Así, o alumno pode acudir á Rede a buscar o proxecto que máis interése e motivación lle desperte. É unha forma de traballar novidosa e atractiva, pero que os alumnos asumen dunha maneira moi intuitiva e familiar.

Adaptación

Recoñece que as editoriais aínda están adaptándose aos novos formatos de entornos e aulas virtuais como os que permite E-Dixgal, pero iso levou tamén á inclusión de máis contido creado polo propio profesor. «No meu caso particular dou as clases de tecnoloxía en inglés, polo que a subida de contidos feitos por min é absolutamente habitual á hora de traballar cos alumnos». O libro de texto queda relegado a un segundo plano.

Héber Jaime García Fernández
Director do IES Mestre Landín (Marín)

Artigo publicado en La Voz de Galicia

1.02
Average: 1 (1 vote)
Your rating: Ninguno
1.02
Average: 1 (1 vote)
Your rating: Ninguno
(1 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.