Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 29/06/2012

CPI Aurelio Marcelino Rey García: Ensinar con TIC en Educación Primaria

O pasado luns 25 de xuño celebráronse as “X Jornadas de Intercambio de Experiencias Educativas” organizadas polo Centro de Profesores de Avilés. Entre os participantes atópase Alberto Armada, xefe do departamento TIC do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) cunha conferencia titulada “Ensinar con TIC en Educación Primaria”.

Na súa charla Alberto falou dos traballos desenvolvidos durante o curso 2010/2011 na súa aula de 5º de primaria no CPI Aurelio Marcelino Rey García, incorporado ao proxecto Abalar, destacando algunhas como a caza do tesouro para o estudo da materia, un conto colaborativo no que cada alumno/a continuaba o que escribiran anteriormente os compañeiros, lendas publicadas en Glogster, un podcast de aula, banda deseñada, participación en proxectos colaborativos como “Construyendo Historias” ou “Poesía eres tú”, etc. Tamén destacou os medios utilizados para organizar as clases: a aula virtual Edmodo e os blogs aulatic56, onde se recollen os traballos realizados, e tic56, con recursos clasificados por unidades didácticas para cada curso e cada materia.

Os últimos parágrafos do relatorio animan á utilización das TIC na aula:

“Grazas ás TIC puiden atender moito mellor a cada alumno/a dentro e fóra da aula, dedicando máis tempo a observar as súas dificultades de aprendizaxe para poder apoialos.
Cada día representou unha satisfacción e saímos con ganas de volver ao día seguinte.
Dificilmente se pode pedir máis, porque todo o traballo “adicional” dedicado á aprendizaxe das TIC e á súa integración na aula resultou compensado con creces.”

 

 

 

4.26
Average: 4.3 (8 votes)
Your rating: Ninguno
4.26
Average: 4.3 (8 votes)
Your rating: Ninguno
(8 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.