Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 28/09/2012

Hemeroteca de experiencias: Experiencias de centros galegos presentadas no Congreso Nacional Contenidos Educativos Digitales

Os días 4, 5 e 6 de outubro terá lugar en Mérida o “Congreso Contenidos Educativos Digitales”, cuxo principal obxectivo é a presentación e análise de diferentes modelos de desenvolvemento, distribución e utilización de ditos contidos.

Durante o Congreso poderase asistir a conferencias, talleres e mesas redondas educativas que tratarán de ofrecer ao profesorado pautas para a correcta utilización destes contidos, así como debater sobre as posibilidades do software libre nas aulas e intercambiar experiencias realizadas en distintas comunidades.
 
 
No apartado de experiencias educativas vanse presentar os traballos de dous centros galegos:
 
 
 
Presentada por Beatriz Maceda Abeleira e Lucía Lorenzo López, profesoras do CPI Vicente Otero de Carral.
 
Experiencia baseada nunha perspectiva globalizada do proceso de aprendizaxe, procurando non separar os contidos en materias, senón intentando relacionalos dentro do proxecto “A vida nunha granxa”, elixido despois de coñecer as inquietudes do seu alumnado.
 
Neste tema intégranse contidos como o cálculo de lonxitudes, áreas e volumes, facer orzamentos, comparar as granxas en España coas doutros países coñecendo a cultura relacionada con ellas: arquitectura, literatura, música, comida...
 
Toda unha viaxe que nos levou case sen decatarnos polo mundo das matemáticas, da lingua, a literatura, a xeografía, a historia, a música...
 
E os nenos e nenas puxéronlle nome: Viaxa con nós, se queres aprender”
 
 
 
Presentada por Eduardo Rodríguez Machado, do CEIP Raquel Camacho de A Coruña e Chema Aguilera Carrasco, asesor do CFR de A Coruña.
 
Descrición do uso que se dá ao equipamento Abalar nas clases de Educación Física na introdución aos diversos temas da materia e como vía de comunicación do profesor co seu alumnado e as súas familias utilizando a rede Edmodo.
 
Na comunicación mostraranse algunhas das actividades utilizadas na aula (webquest, materiais preparados con EdiLIM, Ardora...) e a forma de integralas en Edmodo para poder facer o seguimento da aprendizaxe do alumnado.

 

1.53
Average: 1.5 (4 votes)
Your rating: Ninguno
1.53
Average: 1.5 (4 votes)
Your rating: Ninguno
(4 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.