Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 26/10/2012

IES As Barxas de Moaña: Historias dun cuarto de baño

De novo aparece nesta sección a profesora do IES As Barxas de Moaña Luz Beloso, esta vez coa película “Historias dun cuarto de baño”, na que traballou o alumnado de plástica do curso 4º de ESO, dedicando a este proxecto dúas tardes semanais durante o 3º trimestre do curso 2011-2012.

Trátase de seis historias conectadas polo escenario, un cuarto de baño, nas que se traballan diferentes xéneros cinematográficos.
 
Empezaron co estudio da linguaxe audiovisual e da realización de guións, para o que contaron co director de cine Xan Leira que impartiu unhas clases no centro.Posteriormente o alumnado, dividido en grupos, preparou un guión, un storyboard e dirixiu e montou unha curtametraxe.
 
No proxecto tamén participou gran parte do profesorado do centro, que actuaron nos curtos, así como o profesor de música do centro Seso Durán, que editou as voces en off e, xunto co Obradoiro Musicabarxas, compuxo o tema “Eu non son ti” para a película.
 
Este traballo foi recoñecido como a mellor iniciativa TIC 2012 pola revista Educación 3.0.
 
Páxinas relacionadas con Audiovisual As Barxas:
 

 

See video
4.824546
Average: 4.8 (22 votes)
Your rating: Ninguno
4.824546
Average: 4.8 (22 votes)
Your rating: Ninguno
(22 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.