Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 31/03/2017

CEIP Manuel Fraga Iribarne: Laboratorio de robótica no colexio de Cariño

Desde hai uns meses abrimos no colexio un “laboratorio de robótica” coa intención de montar varios scornabots e k-kuribots que adquirimos dentro dun proxecto de formación do CFR de Ferrol, non tíñamos máis obxectivo que a montaxe dos robots e o seu uso nas aulas de infantil e primaria , procurando a integración curricular como un recurso.

O laboratorio está aberto durante os recreos e acoden libremente as alumnas e alumnos desde terceiro ata sexto. Temos un grupo de nenos e nenas que son colaboradores fixos e outros cunha presenza máis intermitente. Tamén houbo quen foi só un día e acabou decepcionado porque os robots non eran máquinas superxigantes que esnaquizaban edificios.

Despois de ver a resposta positiva das nenas e nenos, a súa motivación e as gañas que amosaban por aprender, cambiamos ese proxecto inicial para crear un espazo de traballo máis avanzado,  que organizamos en torno a tres mesas ( áreas ):

Mecánica: onde un grupo de alumnas e alumnos montan a estrutura dos robots, tamén comproban que todo xira ou se move correctamente.

Electrónica: esta foi unha das partes que máis nos sorprenderon pois nin remotamente contemplamos a posibilidade de que os nenos e nenas levaran a cabo procesos de soldadura, e o están facendo sen problemas. Nesta mesa producen as botoneiras e conectan os compoñentes electrónicos sobre protoboard.

Programación: introducimos ao alumnado na programación das placas Arduino mediante Visualino ( programación con bloques ) e a modificación do código dos exemplos do IDE de Arduino. Neste momento están investigando a velocidade máxima que poden obter cos motores paso a paso 28byj48 e se é posible incrementala con cambios na tensión de alimentación.

Hai uns días comezamos un proxecto para deseñar e construír o noso propio robot  “100% feito na casa” ,  aínda non ten nome pero xa é funcional.

 

 

6
Average: 6 (6 votes)
Your rating: Ninguno
6
Average: 6 (6 votes)
Your rating: Ninguno
(6 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.