Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 21/12/2012

Hemeroteca de experiencias: Nadal nas webs dinámicas

Estes días as páxinas webs dos centros énchense de felicitacións de Nadal e aninovo empregando todo tipo de medios para ilustralas con imaxes, vídeos, presentacións... Como mostra deixamos uns exemplos do que podemos atopar visitando unhas cantas.

 
O máis recurrido é a utilización de imaxes, que en moitos casos proceden de concursos de tarxetas nos que participa o alumnado. As seguintes corresponden a Mario Mourelle e a Nazaret Álvarez, gañadores dos concursos no CEIP Víctor Sáenz e no IES A Xunqueira II respectivamente.

 

 

 
 
 
 
 
 
 
Nalgún centro crean prentacións a partir das tarxetas utilizando diversos servizos web: Picturetrail, Slideshare, Issuu, etc. Como mostra podemos ver as presentacións do CEIP O Couto ou o CEIP Francisco Vales Villamarín.
 
Tamén hai unha boa colección de vídeos como os karaokes de nadal do CEIP San Xoan de Filgueira ou esta bonita postal en stop motion do CRA Ponte da Pedra coa que tamén os desexamos unhas felices festas.

 

See video
3.454284
Average: 3.5 (7 votes)
Your rating: Ninguno
3.454284
Average: 3.5 (7 votes)
Your rating: Ninguno
(7 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.