Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 16/06/2017

CEIP A Cristina: No CEIP A Cristina traballamos con E-Dixgal

O CEIP A Cristina de Carballo comezou a súa andadura no Proxecto de Educación Dixital no curso 2014/ 2015. Ao longo destes tres cursos puidemos desenvolver as enormes posibilidades que ofrece este proxecto. Ademais en cada curso impleméntanse novas funcionalidades que nos axudan no noso labor docente e repercuten positivamente no proceso de ensino- aprendizaxe.

Durante o curso 2016/17 o alumnado de 5º de Educación Primaria iniciouse no traballo con E-Dixgal. A adaptación foi rápida e en pouco tempo a totalidade do alumnado manexaba con soltura as novas ferramentas das que dispoñían. Tamén as familias se foron adaptando ao ver que os nen@s asimilaban de xeito moi natural o cambio e non había dificultades destacables para seguir con normalidade o curso (exercicios, traballos,  probas,...)

Co E-Dixgal o traballo de aula é áxil porque permite ter unha gran cantidade de recursos sempre accesibles, unha gran variedade de actividades que facilitan adaptarse ao ritmo de cada neno ou nena.  O docentes podemos ter actividades con diversos graos de dificultade para poder facer dende un reforzo ata unha ampliación de cada tema e recorrer a eles en calquera momento.

Recentemente tivemos a sorte de que a aula fora visitada por un equipo da TVG e o alumnado manifestou a súa satisfacción co novo sistema de traballo. Destacaron fundamentalmente que era doado traballar cos ordenadores; que, como moitas das actividades tiñan auto corrección, era fácil repasar e que era moi práctico ter todos os libros sempre á man.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-3035336

  • Corte 1: a partir do minuto: 29:12
  • Corte 2: a partir do minuto 59:40

 

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.