Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 03/05/2013

Hemeroteca de experiencias: As nosas letras

As nosas letras é un proxecto colaborativo no que se mostran actividades feitas na escola e para a escola con motivo do Día das Letras Galegas.

 

A iniciativa comeza no 2011 cando varios centros que pertencen á área de influencia do CFR de Vigo (CEIP Nº1 de Tui, CEIP de Guillarei e CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra de Miño) intercambian actividades sobre Lois Pereiro, autor homenaxeado aquel ano.

 

Dende aquela fóronse sumando outros centros da zona (CEIP Marquesa do Pazo da Mercé de As Neves, CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas) para compartir actividades relacionadas con investigacións e traballos das obras de diversos autores en lingua galega.

 

Hoxe o proxecto está aberto e pode participar calquera docente de calquera especialidade e etapa educativa co seu grupo de alumnos compatindo as actividades que desexe sempre que estén relacionadas coas letras galegas dalgún xeito. Poden ser sobre o autor homenaxeado ou non, sempre que sexan en galego, se traballe algún dos obxectivos propostos no proxecto e servan para transmitir a esencia e o coñecemento do Día das Letras Galegas. Caben todo tipo de actividades: bailes, cancións, representacións teatrais, recitados de poemas...

 

O blogue xa contén varias actividades realizadas no 2013: un libro e un cuestionario sobre Roberto Vidal Bolaño creados no CPI de Ribeira, pensados para o último ciclo de Educación Primaria, e varios vídeos con lecturas de poemas por parte do alumnado do CPR Luis Vives.

 

Para coñecer máis sobre a iniciativa visita o blogue do proxecto http://letrasgalegas.blogspot.com.es e, para participar, escribe un correo a asnosasletras@gmail.com ou contacta por twitter @asnosasletras

 

1.836
Average: 1.8 (5 votes)
Your rating: Ninguno
1.836
Average: 1.8 (5 votes)
Your rating: Ninguno
(5 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.