Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 28/06/2013

CEIP A Sangriña: O peixe que se seca ao sol

O alumnado de 3º de primaria do CEIP A Sangriña, guiados polas súas profesoras Mª José Baz e Mª Carmen Collazo, realizaron durante o último trimestre do curso un proxecto dirixido a coñecer unha das tradicións mariñeiras de A Guarda: o peixe seco.
 
Comezaron cunha investigación na Rede das técnicas de conserva de pescado, centrándose na de secado, buscando información na web sobre o alitán e a raia, que posteriormente comprobarían con visitas ao porto para facer un seguimento día a día  do proceso de secado.
 
O contacto cos mariñeiros permitiulles verificar a corrección do traballado na aula e coñecer mellor a vida no mar e o proceso de conserva.
 
A marcha do proxecto está recollido no blogue da aula de 3º de A Sangriña, onde expoñen o aprendido na investigación con vídeos e enlaces a páxinas relacionadas co alitán, álbums de fotos tomadas na visita ao porto nas que pode seguirse o proceso de secado e unha presentación na que comparten o aprendido.

4.654284
Average: 4.7 (14 votes)
Your rating: Ninguno
4.654284
Average: 4.7 (14 votes)
Your rating: Ninguno
(14 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.