Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 03/10/2014

CEIP A Sangriña: “Platero y yo” na era dixital

Coa conmemoración do centenario da publicación do libro Platero y yo de Juan Ramón Jiménez a profesora andaluza Lourdes Giraldo coordinou o proxecto colaborativo “Platero y yo en la era digital” no que participaron 56 centros de España e Sudamérica creando un libro virtual con actividades que promoven o desenvolvemento de diversas competencias. Entre os obxectivos deste traballo están coñecer, apreciar e gozar con Platero y yo utilizando as TIC, utilizar recursos interactivos de software libre na rede onde alumnado, profesorado e familias poidan publicar sen necesidade de rexistrarse e desenvolver a competencia dixital.

Neste proxecto participa o CEIP A Sangriña de A Guarda, onde a profesora Mª José Baz dirixe o traballo do alumnado de 2º e 4º de educación primaria. Ao longo das 17 páxinas creadas no libro propoñen lecturas da obra de Juan Ramón Jiménez en galego e castelán, un taller de estampación onde os alumnos maiores se converteron en axudantes dos máis pequenos, elaboración de carteis, acrósticos, actividades para traballar as linguas galega e castelá, recompilación de refráns, etc. Todas estas actividades quedaron reflectidas no blogue O baúl de cuarto de primaria, no recuncho de lectura creado no centro e no libro virtual, para o que fixeron caderniños, fotografías, vídeos e un achegamento á realidade aumentada.

Ademais do software libre OurScrapbook, que permite a creación de libros virtuais colaborativos nos que poden incluírse obxectos multimedia, nas actividades realizadas polo alumnado do CEIP A Sangriña utilizan múltiples ferramentas web 2.0 que permiten a difusión do traballo realizado.

 

 

 

 

2.860002
Average: 2.9 (6 votes)
Your rating: Ninguno
2.860002
Average: 2.9 (6 votes)
Your rating: Ninguno
(6 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.