Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 15/06/2012

CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei: Proxecto colaborativo libro virtual Federico García Lorca

Durante o curso 2011/2012 máis de 40 centros de toda España participaron nun proxecto promovido por Lourdes Giraldo para crear un libro virtual co que acercar a figura de Federico García Lorca aos estudantes de todos os niveis educativos. Utilizaron o programa OurScrapBook, un software libre para a creación de libros virtuais moi utilizado nos centros de Andalucía.
O resultado é un conxunto de 340 actividades realizadas nos distintos centros participantes e recollidas nun libro virtual, onde profesorado e alumnado de cada un dos centros escribiron un capítulo.

 

A comunidade galega tivo un representante neste proxecto, o CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei, onde un grupo de alumnas e alumnos de inglés de 4º e 6º de primaria, xunto coa súa profesora María Abilleira Pomar e a coordinadora Abalar Laura Andión López, deixáronnos varios poemas recitados, as wikis LorcaeGalicia e Thepoetinnewyork e un vídeo no que contan o que aprenderon sobre a vida de Lorca.
Á vista do resultado da enquisa final do proxecto, todas as persoas que participaron están dispostas a repetir con outro tema. Darannos algunha sorpresa?

 

 

 

 

3.686664
Average: 3.7 (9 votes)
Your rating: Ninguno
3.686664
Average: 3.7 (9 votes)
Your rating: Ninguno
(9 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.