Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 30/11/2012

Hemeroteca de experiencias: PROYECTO #GUAPPIS

As Guappis defínense como aplicacións de dispositivos móbiles ou tablets que teñen uso na aula, ben sexa por parte docente ou discente en calquera etapa educativa.

O “Proyecto #Guappis” é un traballo colaborativo realizado por máis de 30 profesionais da educación de distintas especialidades, no que se comparten experiencias didácticas coas guappis seleccionadas polo propio equipo.

O traballo recóllese íntegramente nun blogue, http://proyectoguappis.blogspot.com.es, e en distintos medios e redes sociais, como Facebook, Symbaloo, Pinterest, Twitter

Principalmente dirixido a docentes, o proxecto pódese recomendar a toda aquela persoa que teña un dispositivo móbil ou tablet, ben sexa Android ou IOS e desexe aumentar habilidades ou coñecementos.

Ao atopar unha aplicación que pode ter utilidade na aula, próbana e contan a experiencia no blogue con formato artigo, clasificando a aplicación mediante distintos criterios para a súa posterior localización. Así, no blogue de Guappis pódense atopar aplicacións clasificadas polo seu nome, polos contidos para traballar na aula, pola capacidade para desenvolverse con ela, pola etapa educativa á que está dirixida, polo sistema operativo do dispositivo no que se pode descargar e o prezo estimado.

Os obxectivos do proxecto son varios, pero o principal é conseguir que os dispositivos móbiles se integren nas aulas como ferramentas de ensino e aprendizaxe.

Se alguén desexa solicitar información sobre o proxecto, formar parte do equipo ou contactar cos participantes, póde enviar un correo electrónico a proyectoguappis@gmail.com.

Toda esta información está recollida no seguinte vídeo:

 

 

 

 

 

 

 

 

4.126668
Average: 4.1 (9 votes)
Your rating: Ninguno
4.126668
Average: 4.1 (9 votes)
Your rating: Ninguno
(9 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.