Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 30/03/2012

EEI Milladoiro: Que chega o lobo!!!

Nesta ocasión traemos a experiencia didáctica dunha montaxe audiovisual desenvolta en educación infantil na EEI Milladoiro. O alumnado deste centro xunto á profesora Concepción Villar utilizan técnicas cinematográficas que lles permiten crear animacións partindo dos debuxos que fan para ilustrar un conto.

O método de traballo é sinxelo: cando o alumnado fai algunha proposta para mellorar o traballo investigan a forma de realizala. Así, cando alguén dixo “os nosos personaxes non se moven” tiveron que estudar como facer que se movesen e descubriron técnicas como o stop motion. Da mesma forma, tiveron que investigar como facer que se movesen os personaxes, aumentar a velocidade da animación, poñer os títulos de crédito, gravar o son, etc.
 

Na experiencia conseguiron coñecer o manexo dos materiais dispoñibles na aula TIC, fomentar a creatividade e achegarse á linguaxe audiovisual e ás técnicas cinematográficas.

 

O traballo realizouse na hora semanal de TIC, traballando un conto en cada clase. O resultado pode verse na película Que chega o lobo!!!  e nos blogs O recuncho das TIC e La magia del cine en infantil. Este último foi realizado  en colaboración co CEIP Ramón Cabanillas e foi finalista na categoría I de docentes con alumnos do Premio Internacional Educared 2011, donde pode verse unha memoria descritiva do traballo.

 

Nos comentarios do xurado deste premio especifícase que “Se trata de un adecuado caso de inclusión de las nuevas tecnologías en el proceso de enseñanza y aprendizaje potenciado con la colaboración entre centros educativos”.

 

 

 

 

 

 

 

4.180002
Average: 4.2 (6 votes)
Your rating: Ninguno
4.180002
Average: 4.2 (6 votes)
Your rating: Ninguno
(6 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.