Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 23/02/2018

CEE O Pino: Robótica educativa

O  centro atópase nos arrabaldes da cidade de Ourense. O CEE “O Pino” acolle alumnado ata os 21 anos de idade que presenten algún tipo de discapacidade psíquica ou sensorial.

A filosofía do centro xira principalmente ó redor da busca da aceptación, da autonomía e da felicidade. Formamos ó noso alumnado para acadar valores e actitudes para a súa vida.

O elemento capacitador é, sen dúbida, o Taller de Carpintaría; obradoiro dotado con máquinas profesionais que enriquece a oferta educativa. Que se complementa co obradoiro de Tecnoloxía, o de Informática, o de Habilidades da Vida Diaria e o Multidisciplinar.

A través dun currículo funcional pretendemos acadar: o seu desenvolvemento persoal, a súa autorregulación, así como o seu equilibrio emocional, entre outros.

A metodoloxía é activa e buscamos acadar a participación, motivación e o fomento da súa comunicación, imaxinación e creatividade.

Unha ferramenta valiosa é a innovación; por iso, decidímonos  a introducir a robótica educativa no currículo ofertado. A robótica educativa, entendida coma un conxunto de actividades pedagóxicas que apoian e fortalecen as áreas específicas do coñecemento e desenvolven competencias no alumnado. Esta experiencia sírvenos de canle para mellorar as habilidades, traballar o autoconcepto e fomentar o traballo en grupo. Sendo un elemento con moita carga motivacional.

A través dos PFPP solicitados, nos cursos 2016 – 2017 e no 2017-2018:

“Introdución á programación robótica e 3D”

“Accesibilidade nos dispositivos robóticos e a atención á diversidade”.

Recibimos a formación precisa para levar a cabo este  proxecto, nel participamos a totalidade do claustro do centro, catro mestres especialistas en Pedagoxía Terapéutica.

Montáronse SEIS ROBOTS, ESCORNABOTS modificados baseados no sistema arduino.

Elaborouse  MATERIAL DIDÁCTICO

O material didáctico busca a participación e o aproveitamento por parte do alumnado; partindo da practicidade e tendo moito en conta a individualización das tarefas propostas. Os nenos participan en todas as fases do proceso de elaboración, sendo este aspecto moi enriquecedor.

Abrangue diversas temáticas,  encamiñadas a acadar uns obxectivos específicos prioritarios que se traballan día a día.

Unha vez que o alumnado emprega os robots  con familiaridade, continuase elaborando plantillas e materiais. Pero neste curso introdúcese o emprego da tablet; poñéndolle un bluetooth e facendo unhas modificacións no software dos robots. O que facilita a lectura de códigos QR, o aceso a Webquests...etc.

A aplicación cumpre todos os requirimentos precisos no tocante a accesibilidade, e está elaborada con APP Inventor.

 

 

5.72286
Average: 5.7 (21 votes)
Your rating: Ninguno
5.72286
Average: 5.7 (21 votes)
Your rating: Ninguno
(21 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.