Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 16/05/2014

IES de Porto do Son: SonCine: Audiovisual no IES de Porto do Son

SonCine é unha materia optativa ofertada en 3º de ESO no IES de Porto do Son. Cumpre dous obxectivos:

  1. Aprender a ollar a propia realidade e contala desde o respecto, a atención, a emoción, dunha maneira práctica, inmersiva, directa.

  2. Facer un servizo á comunidade escolar de documentación das actividades do IES ou de creación de materiais individuais e de grupo.

 

O proxecto empezou como unha actividade extraescolar coa curtametraxe Nico, que trata do acoso escolar. Con esta película acadaron o Premio á innovación educativa da Consellería de Educación o ano 2006 e a Televisión Galega comprou os dereitos de emisión.

 

Seguiron realizando outras películas como Making Son e, xa como materia optativa ofertada polo centro, Mar e Medo. O curso 2010-2011 comezaron con Vinte10, televisión escolar que recolle a actividade do centro: viaxes, conferencias, tarefas de clase, etc.

 

No ano 2011 organizaron o Encontro do audiovisual escolar galego, coa participación de 18 centros de ensino. Nestes encontros realizáronse exhibicións de traballos, talleres, conferencias, encontros dos rapaces con profesionais dos medios audiovisuais, etc. Entre o material preparado para este encontro hai un repositorio de canles de audiovisuais realizados en centros de ensino galego que na actualidade enlaza máis de 1900 vídeos escolares.

 

Na actualidade traballan no proxecto O meu Son, que ten como finalidade que o alumnado aprenda a mirar a súa realidade. Levan as cámaras a casa e realizan o proceso de montaxe no centro. Están preparando unha web donde mostran os vídeos creados e permite facer comentarios e xeolocalizar os lugares donde foron gravados.

 

SonCine está coordinado polo profesor David Pérez Iglesias, que participou nas xornadas escol@TIC 2014 organizadas polo CAFI o pasado mes de marzo. Na web destas xornadas pode verse o relatorio no que David conta a evolución de SonCine, como organiza as clases desta materia, o que aprenderon, unha avaliación da materia, etc.

See video
1.360002
Average: 1.4 (3 votes)
Your rating: Ninguno
1.360002
Average: 1.4 (3 votes)
Your rating: Ninguno
(3 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.