Experiencias. Aulas 2.0

EXPERIENCIAS 09/11/2011

Hemeroteca de experiencias: Taller de creación artística MGB

Dende o ano 2004 desenvólvese no IES Manuel García Barros de A Estrada un Taller de Creación Artística no que as TIC xogan un papel importante. Empezou cun grupo de 4º de ESO coa idea de educar combinando actividades de expresión corporal, teatro, artes plásticas e música.

Os primeiros anos representaron obras teatrais como A Danza das Bruxas (primeiro premio Galiza Crea, Consellería de Educación 2004) e Dormes? (primeiro premio Buero Vallejo a mellor escenografía na fase autonómica, gañadores Teatro do Miño, Galicia e Portugal e premio especial do público 2009). A partir do ano 2010 tamén empezaron a rodar curtametraxes.

Durante este curso van a traballar xunto ao alumnado do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas na película Pedigree, unha película inspirada na cadela Nika, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, coa que se pretende concienciar sobre a dignidade dos animais.

DAIRAS

É unha curtametraxe de animación en plastilina elaborada coa técnica do stop motion por unha vintena de alumnos/as e un grupo de profesores. Nela empregaron 11.000 fotografías.

Este proxecto está inspirado nos campamentos de refuxiados saharauis  da zona de Tinduf (Arxelia).
O guionista e o director da produción é Miguel Carbajal, o profesor  Xoán Xosé Pérez, orienta os traballos de modelado das figuras de plastilina e a construción dos decorados, e o docente Álvaro Pérez é o que se encarga da creación dunha aula virtual na que todo o equipo comparte a información.

Ademais do esforzo realizado no emprego de programas informáticos, os alumnos e docentes recibiron orientación sobre como tomar as fotografías e as técnicas necesarias para acadar o movemento.

 

Consecuencia do esforzo realizado, este traballo recibiu numerosos recoñecementos:

- Primeiro premio á innovación educativa da Consellería de Educación.

- Premio Crearte do Ministerio de Educación.

- Terceiro premio no festival internacional de cine de Ourense (OUFF Escola).

Todo o relacionado con esta curtametraxe pode seguirse no blog http://dairasmgb.blogspot.com

Tamén se publicou o libro Dairas, (coa participación do docente Carlos Loureiro, do departamento de galego) que inclúe un DVD coa película. A recaudación obtida coa venta deste libro destínase a construción dunha escola no campo de refuxiados de Tindouf, en Alxeria, para o que no pasado més de novembro entregáronse 5000 euros aos representantes da organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí ( sumados aos 3000, entregados en libros e que eles mesmos se encargaron da súa distribución ).

ANIMAIS ARTIFICIAIS

Curtametraxe inspirada na obra teatral Animales Artificiales de Ana Vallés, na que traballaron uns cuarenta alumnos/as do taller durante o curso 2010/11, participando tanto na parte técnica como na representación e na gravación da banda sonora.

Na realización desta curtametraxe empregáronse tres meses de ensaios, dous de rodaxe e varias semanas para montalo. No blog http://animaisartificiaismgb.blogspot.com/ pode seguirse todo o proceso.

PÁXINAS DE REFERENCIA

  • Creación Artística:

              http://www.edu.xunta.es/centros/iesmanuelgarciabarros/category/4/113

 

3.019998
Average: 3 (6 votes)
Your rating: Ninguno
3.019998
Average: 3 (6 votes)
Your rating: Ninguno
(6 votos)

Enviar un novo comentario

Deixa un comentario
O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
CAPTCHA
Esta pregunta é feita para comprobar que é vostede unha persoa real e impedir o envío automatizado de mensaxes lixo.
Image CAPTCHA
Insira os caracteres amosados na imaxe.