Maqueta Abalar Libre

Con esta distribución da Maqueta Abalar Libre (sistema operativo + aplicacións xa instaladas) preténdese extender e dar continuidade á maqueta que inicialmente estaba destinada aos equipos informáticos das aulas do proxecto Abalar e actualmente tamén aos equipos informáticos do proxecto e-DIXGAL, coa intención de facilitar a instalación do mesmo sistema operativo e as mesmas aplicacións en calquera dos equipos dos centros educativos de Galicia e/ou en calquera ordenador persoal do usuario.

Esta maqueta Abalar libre presenta, entre outras, as seguintes vantaxes:

  • Un sistema operativo lixeiro e rápido.
    Dado que os requerimentos de hardware para correr esta maqueta son moito menos esixentes que os equivalentes en sistemas operativos Windows, moitos equipos antigos que aínda tiñan instalados sistemas operativos obsoletos como Windows XP poderán volver a ser plenamente funcionais despois da instalación desta maqueta.
     
  • Libre e gratuíto.
    Desaparece a problemática das licenzas de uso e instalación tanto para os sistemas operativos como para as aplicacións, xa que toda a maqueta está construída con software libre e gratuíto.
     
  • Un sistema operativo seguro.
    Deixan de ser unha preocupación os habituais problemas causados polos virus informáticos e o malware tan típicos dos sistemas operativos Windows.
     
  • Robusto e fiable.
    A gran robustez e fiabilidade do sistema operativo Debian facilita en gran medida o seu mantemento e actualización.
     
  • Facilidade de actualización.
    Como complemento a esta maqueta Abalar libre, ofrécese tamén a posibilidade de que o usuario instale o Actualizador Abalar que facilita en gran medida o mantemento do equipo mediante unha actualización desatendida dun gran número de aplicacións integradas na maqueta.