Maqueta Abalar Libre

Actualizador Abalar

 

Que é o actualizador Abalar?

Baseandose na idea de xestión centralizada na administración de software do Proxecto Abalar/Edixgal, e en iniciativas como Expansión Abalar, que permite levar a maqueta Abalar a un gran número de equipamento corporativo dos centros educativos Abalar fóra das aulas Abalar, agora pretendese chegar máis lonxe: a administración do software de calquera equipo informático que dispoña da distribución libre Abalar. 
O actualizador Abalar é unha pequena aplicación que se pode instalar na maqueta Abalar libre, e que facilita o mantemento do equipamento mediante unha actualización desatendida dun gran número de aplicacións integradas na maqueta.

O proceso de actualización é moi lixeiro, non sobrecarga o funcionamento do equipo e tampouco sobrecarga a rede.

 


 

Descarga do actualizador Abalar

Pulsa no enlace inferior para descargar a versión máis recente do actualizador Abalar. Depois de descargar o ficheiro (formato ".deb") poderás instalar este actualizador en calquera equipo que teña instalada a Maqueta Abalar Libre.

 

   Ficheiro de instalación do actualizador Abalar 1.6

Actualización: Marzo de 2019

 

NOTA IMPORTANTE
Na versión 18 (versión actual) da maqueta Abalar libre, o actualizador Abalar 1.6 permite desactivar a opción de actualizacións automáticas (actualización automática cada 30 días).

 


 

Manual do actualizador Abalar

No seguinte enlace podes acceder á guía de instalación e funcionamento do actualizador Abalar, onde se explica paso a paso o procedemento para a instalación do actualizador así como tamén o manual básico de uso e funcionamento.

 

Guía de instalación e funcionamento