Maqueta Abalar Libre

NOVA DE ACTUALIDADE 11/11/2020

Maqueta Abalar Libre: Dispoñible unha nova versión lixeira da “Maqueta Abalar Libre”

Esta versión lixeira 20.0 está baseada en GNU/Linux Debian 10 (Buster) e, a diferencia da versión estándar, só dispón dun xestor de xanelas. Optouse por empregar o escritorio LXDE por ser unha opción equilibrada entre o consumo de recursos hardware e a funcionalidade.

Esta versión lixeira LXDE tampouco incorpora parte do software da versión estándar que non ofrece unha correcta experiencia de usuario en equipos con baixo rendemento: compiladores, tratamento de vídeo e audio, aceleración 3D, ...