Maqueta Abalar Libre

NOVA DE ACTUALIDADE 25/10/2018

Maqueta Abalar Libre: Distribución de teclado en portugués

Coa finalidade de favorecer a actividade docente do profesorado de lingua portuguesa, xa está dispoñible na maqueta Abalar a opción de cambiar o  idioma no teclado. Dito cambio, poderase realizar accedendo ao plugin de idiomas situado na parte inferior dereita da barra de tarefas. Con esta nova funcionalidade, é posible empregar a distribución de teclado portugués.