Maqueta Abalar Libre

NOVA DE ACTUALIDADE 22/03/2019

Maqueta Abalar Libre: Nova actualización do software OpenBoard

Xa está operativa unha nova actualización do software "OpenBoard" (versión 1.5) para todos os equipos que teñen instalada a maqueta Abalar (Edixgal/Abalar).

Esta nova versión 1.5 incorpora unha revisión completa do modo "Documentos". Desta forma, xa é posible crear estruturas complexas en árbore para unha mellor organización dos documentos de traballo do usuario, incluíndo ademáis novas iconas que melloran a lexibilidade e a navegación entre documentos.

Incorpóranse tamén novas funcionalidades na utilidade de exportación, que posibilitan a exportación de cartafoles completos conservando a xerarquía interna de ficheiros e documentos.