Maqueta Abalar Libre

NOVA DE ACTUALIDADE 04/12/2019

Maqueta Abalar Libre: Nova funcionalidade "Conxelar usuario" da maqueta Abalar Libre

Xa se atopa dispoñible a nova funcionalidade "Conxelar usuario" da maqueta Abalar Libre (a partir da versión 18.x), que permite evitar modificacións no sistema por parte dos usuarios.

Esta ferramenta instálase automáticamente no menú "Aplicativos - Sistema" a través do Actualizador Abalar e permite conxelar a configuración actual, de maneira que aínda que o usuario realice algún cambio no sistema, estes cambios quedarán anulados no seguinte reinicio do equipo.

Para poder usar esta ferramenta (conxelar / desconxelar) o sistema solicita as credenciais do superusuario "root".

Máis información no ficheiro adxunto.