Maqueta Abalar Libre

NOVA DE ACTUALIDADE 31/01/2019

Maqueta Abalar Libre: Nova versión da maqueta Abalar Libre (versión 18)

Publicada e dispoñible no portal web de espazoAbalar, dentro do temático "Maqueta Abalar Libre", a nova versión 18 da maqueta Abalar. Esta actualización inclúe o entorno de escritorio Gnome, ademáis de incorporar o escritorio XFCE-4, co que se pretende mellorar a experiencia de usuario en dispositivos táctiles.

Esta nova versión está construida sobre a versión estable de GNU/Linux Debian codename Strech (Debian 9) e xa leva preinstalado o actualizador Abalar.

Con esta distribución da Maqueta Abalar Libre preténdese extender e dar continuidade á maqueta que inicialmente estaba destinada aos equipos informáticos das aulas do proxecto Abalar e aos equipos informáticos do proxecto E-Dixgal, coa intención de facilitar a instalación do mesmo sistema operativo e as mesmas aplicacións en calquera dos equipos dos centros educativos de Galicia e/ou en calquera ordenador persoal do usuario.

Máis información e descarga en: www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/maqueta-abalar-libre