Maqueta Abalar Libre

NOVA DE ACTUALIDADE 15/03/2019

Maqueta Abalar Libre: Nova versión do actualizador Abalar (versión 1.6)

Xa está dispoñible a nova versión do actualizador Abalar 1.6 que incorpora como principal novidade a posibilidade de desactivar, por parte do usuario, a funcionalidade de actualización automática na versión 18 da maqueta Abalar Libre (versión actual). Esta nova funcionalidade non está dispoñible para as versións anteriores da maqueta.

O actualizador Abalar incorpora dous tipos de actualización, manual e automática, de maneira que cada 30 días realiza actualizacións sen necesidade de ningunha intervención por parte do usuario. Este tipo de actualización automática pode ser desactivada agora por parte do usuario con esta nova versión do actualizador Abalar.