Maqueta Abalar Libre

NOVA DE ACTUALIDADE 28/01/2020

Maqueta Abalar Libre: As novas maquetas Abalar incorporan soporte para as tarxetas criptográficas de empregado público

A partir da versión 7.3 da maqueta abalar xestionada (Abalar/Edixgal) e a partir da versión e 18.3 da maqueta abalar libre, respectivamente, incorpórase soporte para o uso das tarxetas criptográficas de empregado público, actualmente dispoñibles para os membros dos equipos directivos dos centros educativos, cuxa finalidade é a de dar acceso para a xestión de diversos trámites e procedementos da administración electrónica e ás distintas ferramentas da Administración Xeral e da Consellería de Educación que estean preparadas para tal fin.

Desta maneira, estas tarxetas criptográficas xa poden ser usadas nos equipos que incorporen algunha das versións mencionadas das maquetas Abalar.