Maqueta Abalar Libre

  • NOVA DE ACTUALIDADE 22/03/2019

    Nova actualización do software OpenBoard

    Xa está operativa unha nova actualización do software "OpenBoard" (versión 1.5) para todos os equipos que teñen instalada a maqueta Abalar (Edixgal/Abalar).

  • NOVA DE ACTUALIDADE 15/03/2019

    Nova versión do actualizador Abalar (versión 1.6)

    Xa está dispoñible a nova versión do actualizador Abalar 1.6 que incorpora como principal novidade a posibilidade de desactivar, por parte do usuario, a funcionalidade de actualización automática na versión 18 da maqueta Abalar Libre (versión actual). Esta nova funcionalidade non está dispoñible para as versións anteriores da maqueta.

  • NOVA DE ACTUALIDADE 01/03/2019

    Actualización dos navegadores web Mozilla Firefox e Chromium nas maquetas Abalar

    Actualmente, na maqueta Abalar, non se estaban actualizando a versións recentes os navegadores web Mozilla Firefox e Chromium, coa finalidade de poder garantir que algúns dos recursos educativos que empregaban tecnoloxías Flash ou Java continuasen funcionando axeitadamente.

  • NOVA DE ACTUALIDADE 15/02/2019

    “Restaurar Escritorio”: unha nova funcionalidade na maqueta Abalar

    O sistema operativo Abalar, tanto da versión do equipamento Edixgal como da maqueta AbalarLibre, inclúe unha nova funcionalidade: a de restauración do Escritorio.

  • NOVA DE ACTUALIDADE 31/01/2019

    Nova versión da maqueta Abalar Libre (versión 18)

    Publicada e dispoñible no portal web de espazoAbalar, dentro do temático "Maqueta Abalar Libre", a nova versión 18 da maqueta Abalar.

  • NOVA DE ACTUALIDADE 25/10/2018

    Distribución de teclado en portugués

    Coa finalidade de favorecer a actividade docente do profesorado de lingua portuguesa, xa está dispoñible na maqueta Abalar a opción de cambiar o  idioma no teclado. Dito cambio, poderase realizar accedendo ao plugin de idiomas situado na parte inferior dereita da barra de tarefas.