Información do Proxecto Abalar

Equipamento e Infraestruturas

 

Un ultraportátil para cada alumno

Os ultraportátiles para os alumnos son un equipo de tipo tablet PC e táctil, que cumpre funcións de ordenador portátil e lector de documentos electrónicos.

Trátase do modelo INVES NOOBI 10, un equipo lixeiro, de tamaño reducido e cunha pantalla TFT LCD rotatoria que evita que os nenos teñan que forzar a vista ou adoptar posturas inadecuadas. Ademais, incorpora un asa elástica que facilita o seu transporte.

 

Un portátil por aula para o uso dos docentes

Para os docentes estará dispoñible un portátil HP PROBOOK 4520S ou un HP PROBOOK 4530S, ambos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.

Os portátiles forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.

 

Unha pizarra dixital interactiva

O modelo de pizarra dixital interactiva que se facilitará aos Centros, será o SMART Board 680V. A súa superficie sensible ao tacto permite manipular todas as aplicacións do ordenador e a tinta dixital actívase cun simple toque do marcador ou cos dedos para facer anotacións sobre imaxes, textos, presentacións ou vídeos.

Ademais, o seu Software Interactivo SMART Notebook, permite a consulta de páxinas web e animacións.

 

Un proxector

O proxector complementará ás pizarras dixitais interactivas.

É un proxector Epson EB-460 de distancia ultracorta que pode proxectar unha imaxe de 70 polgadas nunha pantalla de  formato 4/3 a só 12 cm de distancia, polo que resulta perfecto para a aula e consegue eliminar as sombras provocadas por persoas ou obxectos situados diante da pantalla.

 

 

 

Un armario para a carga dos equipos

O sistema de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos. Isto posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo.

O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo multimedia xa que no seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga, a conexión para o sistema multimedia.

Adicionalmente, permite obter dúas saídas de audio amplificadas, situadas nos laterais do armario de carga. Así, mediante a combinación de proxector e equipo portátil, o sistema convértese nunha completa estación multimedia desde a que é posible realizar calquera presentación reforzada con capacidades multimedia.

O sistema de audio atópase autoamplificado, polo que non é necesario realizar un axuste específico de audio para o control do seu sistema de son. Así pois, para regular o volume do seu sistema tan só necesita axústar o seu equipo multimedia ata o nivel que considere adecuado.

O proceso de carga pode ser detido en calquera momento mediante a pulsación do botón vermello situado no panel de control.

Os sistema conta con ventilación forzada para a extracción do aire quente que se xera durante a carga, é por iso que debemos ter especial coidado na súa situación para manter libres os accesos a estas zonas.

 

Rede Wifi

A xestión e configuración das redes establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware configurados en redes WIFI e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.