Información do Proxecto Abalar

Contidos Educativos

Como elemento fundamental do novo modelo educativo que expón o Proxecto Abalar , estase a dotar ao profesorado, así como ao resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais.

  • Facilitando o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos e a incorporación dos últimos avances tecnolóxicos na educación.
  • Aproveitando as mellores prácticas desenvolvidas nos centros máis avanzados, pondo en valor todo o traballo e coñecemento do profesorado galego.
  • Fomentando o espírito colaborativo e participativo dos docentes para establecer unha comunidade de desenvolvemento de contidos propios.
  • Pondo en marcha un repositorio de información que se alimentará con contidos internos e externos á Xunta de Galicia, tanto públicos como privados e totalmente integrados no espazoAbalar.

 

A plataforma de recursos educativos consta, entre outras, dunha aplicación en contorno web, instalada na rede local de centro educativo.

Esta plataforma permite ao profesorado introducir e catalogar materiais educativos dixitais. Cada usuario ten a opción de personalizar a súa carteira de recursos con materiais do servidor ou de producción propia e compartir o que considere de interese para a súa comunidade educativa.

Os recursos aloxados no servidor están deseñados para que o alumno participe na súa aprendizaxe utilizando o ordenador ou a pizarra dixital. Funcionan directamente nos equipos do alumnado a través da Intranet. Pódese facer a busca tendendo a múltiples criterios: ensinanza, nivel educativo, materia, tipo de recurso, tipo de licenza, idioma, palabras clave...

Estes recursos teñen a vantaxe de ser aproveitables no tempo xa que non están condicionados pola ferramenta necesaria para o seu uso.

Os recursos son de uso libre ou con licenzas Creative Commons para utilizar no traballo co alumnado e proxectos didácticos ou educativos.