Información do Proxecto Abalar

Formación e Fomento da Cultura Dixital

Formación

O obxectivo do Plan de formación é dar resposta ás necesidades do profesorado e das familias para acadar a plena integración das TIC no sistema educativo. A formación vai dirixida tanto aos coordinadores Abalar, coma ao profesorado que participa en aulas Abalar; ás familias e ao profesorado que non está a participar nas aulas Abalar. O plan de formación iniciouse o curso 2009/2010 e continúase na actualidade.

Fomento da cultura dixital

O Proxecto Abalar busca a adopción e integración cultural das TIC en todos os ámbitos do proceso educativo.

Nos docentes, deseñando un plan de formación específico para a súa habilitación no uso das TIC na práctica docente, e proporcionándolles recursos educativos dixitais para empregar nas distintas materias.

Nas familias, difundindo as novas canles e soportes audiovisuais de comunicación, favorecendo o acceso aos servizos que proporciona a e-Administración.

Todo o proceso está orientado a apoiar a xestión do cambio de modelo de centro educativo tradicional ao novo centro educativo dixital, fomentando o tránsito:

  • Da aula de informática á informática na aula.
  • Dos actuais libros de texto aos libros dixitais.
  • Da aprendizaxe pasiva á aprendizaxe colaboradora, a investigación e a aprendizaxe activa e interactiva.
  • Do profesor que ensina informática ao profesor que usa a informática para ensinar.

Desta forma todos os alumnos, ao completar a súa formación, deberán posuír competencia dixital.

Unha das accións dirixidas ao fomento da cultura dixital entre alumnos, docentes e familias é o...