Información do Proxecto Abalar

Integración e Participación

O Proxecto Abalar dispón dun portal propio, "espazoAbalar", que é o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade:

  • Achegando a educación aos cidadáns e involucrando ás familias na educación dos fillos.
  • Promovendo o desenvolvemento das TIC no ámbito educativo, convidando á participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.
  • Fomentando a participación colaborativa dos centros e da comunidade docente, incorporando como peza fundamental o Repositorio de Contidos Educativos de Galicia.

 

O espazoAbalar proporciona:

Ás familias:

  • Información directa do absentismo e seguimento académico dos fillos.
  • Comunicación directa e multicanle co profesorado e titores:  Solicitude de citas de titoría, xustificación de faltas de asistencia, consulta de incidencias e avisos.

 

Aos profesores:

  • Facilita novas canles de comunicación entre pais, profesores e a dirección do centro: Xestión de citas de titoría, avisos, incidencias e notificacións.
  • Permite a consulta de información persoal e de ligazóns.

 

Aos centros:

  • Dispón de un taboeiro virtual que permite manter informada a toda a comunidade educativa.
  • Comunicación directa cos responsables e profesorado por medio de avisos a colectivos e a grupos.

 

A toda a comunidade educativa: familias, profesores, centros e  alumnos:

  • Ferramentas e mecanismos para o acceso aos materiais, e recursos para a actividade escolar no centro educativo dixital por medio do repositorio de contidos dixitais.