Repositorio de contidos educativos

1º Curso Educación Secundaria 27/04/2021

Guía Ciencia Cidadá na aula

Visto: 152 veces
0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)
Guía Ciencia Cidadá na aula
1º Curso Educación Secundaria - Bioloxía e Xeoloxía
Tipo de Recurso:Actividades Interactivas Plataforma:Multiplataforma Idioma:Galego Licenza: Creative Commons BY-NC-ND Autor:Dixit

Esta guía está deseñada para axudar ao profesorado e á comunidade educativa a integrar os proxectos de ciencia cidadá nas aulas ou nos clubs de ciencia. A ciencia cidadá, na que persoas voluntarias colaboran coa comunidade científica en proxectos diversos, mostra a importancia da investigación científica e a colaboración entre persoas con coñecementos diferentes. Con esta iniciativa, preténdese fomentar o acompañamento do alumnado no seu recoñecemento do impacto e valor das investigacións científicas, a través de sistemas de aprendizaxe indagativos. A ciencia cidadá permite ás nosas alumnas e alumnos aprender ciencia facendo ciencia, polo que é unha interesante ferramenta de ensinanza para todas as idades. Explora esta guía para coñecer como podes levar a cabo proxectos de ciencia cidadá co teu alumnado!