Consellos de Seguridade

NOVA DE ACTUALIDADE 18/01/2018

Consellos de seguridade: Configuración do correo @edu.xunta.es en clientes de correo e dispositivos móbiles

O acceso ao servizo de correo @edu.xunta.es dende dispositivos móbiles empregando canles de comunicación non seguras (WIFIs públicas, ...) constitúe un dos riscos de seguridade que poden comprometer as credenciais de acceso aos servizos educativos. Para reducir eses riscos, o acceso ao servizo de correo @edu.xunta.es a través de clientes de correo ou dispositivos móbiles, está soamente accesible mediante protocolos e portos que transmitan as credenciais de correo de xeito cifrado e seguro (SSL, TLS).

Por este motivo, para configurar o acceso ao correo @edu.xunta.es dende un cliente de correo ou dende un dispositivo móbil, tanto as contas do profesorado como as contas de centros educativos, etc., é necesario empregar a seguinte configuración:

Acceso/lectura ao correo (axustes entrantes):
Enderezo de correo: <conta>@edu.xunta.es
Usuario: <conta>
Identificación: Contrasinal normal
Servidor IMAP: imap.edu.xunta.es
Porto: 993
Seguridade: SSL ou TLS

Envío de correo (axustes saíntes):
Usuario: <conta>
Identificación: Contrasinal normal
Servidor SMTP: smtp.edu.xunta.es
Porto: 587
Seguridade: STARTTLS (se o seu cliente ou terminal non dispón desta opción de seguridade, debe empregar TLS ou SSL, neste orden de preferencia)

Para solucionar as dúbidas, cóntase cun equipo de soporte técnico na Unidade de Atención a Centros a través do teléfono 881 99 77 01 e do correo electrónico  uac@edu.xunta.es