Consellos de Seguridade

NOVA DE ACTUALIDADE 31/01/2018

Consellos de seguridade: Para que podo usar o correo electrónico @edu.xunta.es

O servizo de correo electrónico corporativo @edu.xunta.es debe utilizarse con fins profesionais. Sen tratarse dunha lista exhaustiva dos usos indebidos, a continuación  se indican varios usos que para os que en ningún caso se poderá utilizar o servizo indicado:

  • A difusión de mensaxes ofensivos ou discriminatorios.
  • Para expresar opinións persoais en foros temáticos fóra do ámbito das administracións.
  • Para darse de alta en portais ou aplicacións alleas ás tarefas propias do exercicio das funcións encomendadas (redes sociais, xogos en liña, foros, etc.).
  • Para a difusión masiva non autorizada; subscrición indiscriminada a listas de correo ou calquera ataque co obxecto de impedir ou dificultar o servizo de correo.
  • O inicio ou reenvío de mensaxes de tipo cadea (como aqueles que solicitan a súa difusión a outros destinatarios).
  • A distribución intencionada de código malicioso.
  • Gardar información relevante da organización soamente nos cartafois  do correo. Sobre este uso, recalcar que toda a información relevante debe ser extraída do correo e incorporada aos sistemas de ficheiros, aplicacións, portais de colaboración, sistemas de xestión documental ou outros puntos de almacenamento en rede habilitados ao efecto.
  • Non se poden usar plataformas de correos externas (Gmail, Hotmail,…) para xestionar ou redirixir a contas de correo corporativo @edu.xunta.es
  • Non está permitido o envío de información confidencial a contas de correo persoais que poida ter a persoa usuaria en plataformas non xestionadas pola Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia, por exemplo contas de correo persoais da persoa usuaria en provedores de servizo de correo en Internet (Google, Microsoft, Yahoo, etc.).
  • Débese respectar a normativa de protección de datos de carácter persoal, especialmente cando se envían datos persoais de nivel alto, que deberán cifrarse antes do seu envío por correo electrónico, sendo en todo caso responsabilidade do usuario facelo.