Consellos de Seguridade

NOVA DE ACTUALIDADE 17/07/2018

Consellos de seguridade: Protocolos na configuración do correo @edu.xunta.es

Por motivos de seguridade, o protocolo POP3 nos portos 110 e 995, e o protocolo IMAP no porto 143 van deixar de estar dispoñibles, polo que co fin de evitar erros no acceso ao correo, sería conveniente revisar configuración e asegurarse de ter configurado o acceso mediante IMAP-SSL (porto 993).

O acceso co resto dos protocolos e portos deixarán de estar operativos dende o 30/09/2018. Da mesma forma, o servizo de envío autenticado de correo, requirirá o uso de TLS para que a comunicación das credenciais de autenticación.

Os datos concretos de configuración do cliente de correo deberían ser os seguintes:

Acceso ao correo:
Enderezo de correo: <conta>@edu.xunta.es
Usuario: <asuaconta>
Servidor IMAP: imap.edu.xunta.es
Seguridade: SSL/TLS
Porto: 993
Identificación: Contrasinal normal

Envío de correo:
Servidor SMTP: smtp.edu.xunta.es
Porto: 587
Seguridade: STARTTLS
Identificación: Contrasinal normal
Usuario: <conta>

Así mesmo, no portal web espazoAbalar recóllense consellos de seguridade, configuracións, recomendacións que se deben ter en conta á hora de empregar o correo electrónico, etc.

 

Para solucionar as dúbidas, cóntase cun equipo de soporte técnico na Unidade de Atención a Centros a través do teléfono 881 99 77 01 e do correo electrónico  uac@edu.xunta.es