Consellos de Seguridade

NOVA DE ACTUALIDADE 02/02/2018

Consellos de seguridade: Que debo ter en conta á hora de empregar o correo corporativo @edu.xunta.es

A continuación recóllense algunhas recomendacións que se deben ter en conta á hora de empregar o servizo de correo electrónico corporativo @edu.xunta.es

  • É importante fixarse ben á hora de escribir ou seleccionar os destinatarios dun correo electrónico, asegurándose de que se indicaron correctamente para evitar o envío involuntario de información sensible a destinatarios non desexados.
  • Cómpre valorar evitar facer visibles outras contas de correo electrónico internas cando se envíen correos electrónicos a destinatarios externos á organización. Pódese utilizar o campo CCO para incluír destinatarios de correo sen revelar os seus enderezos.
  • Cando se reenvíen correos electrónicos que foron dirixidos a varios destinatarios inicialmente, valorar se é preciso incluír as direccións dos destinatarios da mensaxe orixinal na mensaxe redirixida, borrando se é necesario esta información do corpo da mensaxe reenviada.
  • Co fin de evitar o correo masivo non solicitado evitarase facilitar a dirección de correo electrónico a descoñecidos, darse de alta en foros ou páxinas web non institucionais, ou contestar a correos non solicitados ou de descoñecidos que resulten sospeitosos.
  • Non está permitido o envío e recepción de correos electrónicos que conteñan arquivos executables adxuntos (.EXE), estean estes comprimidos en ficheiros .ZIP ou non.
  • Debese evitar o envío de ficheiros adxuntos e substituílo polo uso de ligazóns aos ficheiros correspondentes.
  • O correo electrónico non garante a autenticidade do remitente, polo que se recomenda verificar por outros medios a validez dos correos sospeitosos. Desconfiar sempre dos correos electrónicos inesperados, mal redactados ou enviados por descoñecidos.
  • No caso de ter dúbidas sobre a orixe ou posible natureza do correo electrónico, aconséllase proceder á súa eliminación. Se coñecemos á persoa que nos remite o correo, é preferible contactar con el/ela para confirmar a autenticidade do correo antes que arriscarse a abrilo e sufrir os efectos dun software malicioso.
  • Debese evitar abrir ligazóns a páxinas web externas desde o propio correo.