Contidos orientados á prensa

Últimas novas

  • ACTUALIDADE DO PROXECTO 09/02/2015

    Abalar: Día de internet seguro 2015

    Maña, 10 de febreiro celébrase o 12º aniversario do "Día de Internet Seguro" (Safer Internet Day), promovido desde 2004 por Insafe, Rede Europea por un Internet Seguro, da Comisión para a concienciación sobre un bo e seguro uso da rede. A celebración deste ano leva por lema "Imos crear un mellor internet xuntos". Trátase dunha conmemoración que terá lugar nun grande número de países, co obxecto de promover en todo o mundo un uso responsable e seguro das novas tecnoloxías, especialmente entre menores, mozos e mozas.

    Os organizadores proporcionan ideas e inspiración para apoiar o Día de Internet Seguro: organizar charlas e obradoiros sobre a seguridade na rede, programar debates co alumnado, seguir a campaña nas redes sociais e ver os vídeos publicados na súa canle, etc.

  • ACTUALIDADE DO PROXECTO 20/10/2014

    Abalar: V Edición do Plan Navega con Rumbo

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) vai poñer en marcha, por quinto ano consecutivo, o programa ‘Navega con Rumbo’, enmarcado dentro do proxecto Abalar, e que ten por obxecto concienciar aos escolares galegos no uso responsable da Internet.

  • ACTUALIDADE DO PROXECTO 05/09/2014

    Abalar: E-Dixgal: implantación do libro dixital nos centros educativos

    Co obxectivo de pór en marcha o libro dixital nos centros educativos galegos, o proxecto E-Dixgal arrancou no curso 2014/2015 beneficiando actualmente a uns 7.500 estudantes.

  • ACTUALIDADE DO PROXECTO 11/07/2014

    Abalar: A Consellería de Cultura e Educación porá en marcha o novo proxecto de contidos curriculares educativos dixitais en 84 centros educativos, beneficiando a 3.500 estudantes galegos

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a resolución definitiva da convocatoria para a posta en marcha do novo proxecto de plataforma de contidos curriculares educativos dixitais, que se implantará no curso 2014/2015 en 84 centros educativos de toda Galicia. En total recibíronse 90 solicitudes nunha convocatoria que foi un éxito entre os centros públicos, que representan o 90% dos proxectos presentados. Ademais, un de cada tres centros públicos Abalar de primaria vai ser beneficiario do programa.