Os Contidos dispoñibles no Repositorio son de distinta natureza. Para empregalos pode realizalo por medio de dúas vías:

  1. Visualizalo. Neste caso abrirase una nova ventá no navegador e executarase automaticamente o recurso.
  2. Descargalo e gardalo no seu ordenador para empregalo sempre que desexe.

Neste último caso, se o contido ten un formato .html, os pasos que ten que dar para poñer a funcionar o recurso son os seguintes:

  • Pulse a opción "Descargar".
  • Seleccione a opción "Gardar arquivo".
  • Descomprima o recurso (seleccione co botón dereito do ratón e elixa a opción "extraer").
  • Abra a carpeta co recurso descomprimido e faga dobre clic en "index.html".

O Repositorio de Contidos Educativos Dixitais está dispoñible para toda a comunidade educativa galega: docentes, alumnos/as, familias e todos aqueles usuarios interesados, e non é preciso realizar ningún tipo de autenticación.

O Repositorio de Contidos dispoñible no espazoAbalar é unha plataforma de xestión, difusión e emprego dos contidos educativos dixitais, onde está dispoñible unha selección de recursos educativos de calidade e en múltiples idiomas, que está a ser actualizada de xeito continuo con novos contidos e funcionalidades.

O acceso ao servizo espazo Centros realízase a través do portal espazoAbalar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/ 

Unha vez no espazoAbalar, o primeiro paso será acceder aos servizos. A continuación aparecerá unha pantalla na que se solicitará unha autenticación do usuario. En principio, esta autenticación poderá realizarse a través de tres vías: mediante DNI electrónico, un certificado da FNMT ou por medio do usuario e contrasinal do correo da Consellería de Educación. No caso de que tamén sexa profesor ou responsable (pai, nai, titor legal) de algún alumno dos grupos permitidos, deberá seleccionar a opción espazo Centros unha vez autenticado.

De todos os xeitos, na propia páxina do espazoAbalar terá á súa disposición nos próximos días unha guía rápida de uso, onde se explican os pasos para o acceso a dito servizo.

Actualmente, o acceso ao servizo espazo Centros, está dispoñible para todos os directores/as dos centros públicos e concertados de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI.

Adicionalmente, estes directores/as terán a posibilidade de dar permisos de acceso a aquelas persoas do centro que consideren apropiado.

O servizo espazo Centros é un dos servizos do portal espazoAbalar que permite aos centros educativos dispor dun taboleiro virtual coa finalidade de manter informada a toda a comunidade educativa.

Os titores/as poden habilitar a opción de recibir os xustificantes das faltas de asistencia e as solicitudes de citas de titoría, no apartado de subscricións do servizo espazo Profesores, para que desta forma, os responsables (pai, nai, titores legais) poidan realizar este tipo de xestións.

O acceso ao servizo espazo Profesores realízase a través do portal espazoAbalar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

Unha vez dentro do espazoAbalar, o primeiro paso será acceder aos servizos. A continuación aparecerá unha pantalla na que se solicitará unha autenticación do usuario. En principio, esta autenticación poderá realizarse a través de tres vías: mediante DNI electrónico, un certificado da FNMT ou por medio do usuario e contrasinal do correo da Consellería de Educación. No caso de que tamén sexa responsable (pai, nai, titor legal) dalgún alumno dos grupos permitidos, deberá seleccionar a opción espazo Profesor unha vez autenticado.

De todos os xeitos, na propia páxina do espazoAbalar (/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_profesores_-_espazoabalar_v.4-galego_v1.1_0.pdf) ten á súa disposición unha guía rápida de uso, onde se explican os pasos para o acceso a dito servizo.

 

Actualmente, o acceso ao servizo espazo Profesores, está dispoñible para todos os profesores/as. Pero tan só os titores/as e/ou profesors de grupos dos centros públicos e concertados de educación infantil, primaria, secundaria,  bacharelato, ciclos formativos e PCPI  terán acceso a todas as funcionalidades que ofrece este servizo.

Os profesores/as que non sexan titores/as dun dos centros mencionados anteriormente, poderán acceder á aplicación de datos persoais e ligazóns. Ademáis, a funcionalidade de recibir solicitude de citas de titoría, só estrá dispoñiible para o caso dos titores de grupos de estos centros.

O servizo espazo Profesores é un dos servizos do portal espazoAbalar que facilita o desenvolvemento das actividades de seguimento e control diarias dos docentes e permite o intercambio de información e a comunicación cos responsables dos alumnos/as.

Os pais, nais e titores legais, só poderán realizar a solicitude das citas de titoría vía electrónica se o titor/a acepta esta vía de comunicación, é dicir, será necesario que os titores/as teñan habilitada esta opción para que as familias poidan beneficiarse deste servizo.

Para que os pais, nais e titores legais poidan realizar a xutificación de faltas de asistencia vía electrónica, será necesario que o titor/a do grupo ao que pertence o alumno ou o profesor da materia estén suscritos a esta funcionalidade.

Os pais, nais e titores legais que teñen acceso ao espazoAbalar podrerán dispoñer do servizo de avisos no correo electrónico da publicación de cualificacións, de faltas de asistencia e avisos de outras notificacións, dándose de alta no apartado de subscripcións do servizo espazo Familias.

Coma pai  ou nai dun rapaz/a, pode consultar e modificar os seus datos persoais sempre e cando dispoña dunha dirección propia como pai/nai e non sexa unha única dirección Familiar, xa que neste caso, non poderá modificala por medio do espazoAbalar.

O acceso ao servizo espazo Familias realízase a través do portal espazoAbalar na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

Unha vez no espazoAbalar, o primeiro paso será acceder aos servizos. A continuación aparecerá unha pantalla na que se solicitará a autenticación do usuario. Esta autenticación podese realizar a través de dúas vías: mediante DNI electrónico ou un certificado da FNMT.

De todos os xeitos, na propia páxina do espazoAbalar (/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_familias_-_espazoabalar_v.4_galego_v1.1_0.pdf) ten á súa disposición unha guía rápida de uso, onde se explican os pasos para o acceso a dito servizo.

Ata o mes de marzo, o acceso ao servizo espazo Familias estaba restrinxido aos pais, nais e responsables legais dos alumnos/as matriculados nos centros do Proxecto Abalar.

Actualmente, este servizo está dispoñible para todos os centros educativos galegos, polo que para acceder ao servizo espazo Familias simplemente é necesario que o alumno/a estea matriculado nun centro educativo galego de Ensinanza Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou PCPI.
 

Se atopa algún problema para acceder co seu Certificado Dixital, realice as seguintes comprobacións:

  • Que ten instalado correctamente o seu certificado dixital da FNMT no navegador que emprega para acceder ao espazoAbalar.
  • Que o seu certificado non estea caducado, xa que dende a data de emisión do mesmo, conta cunha validez de 3 anos.

Para comprobar se o certificado está correctamente instalado:

  • Co navegador Internet Explorer acceda a "Ferramentas", a "Opcións de Internet", a pestana de "contidos", e prema o botón "certificados".
  • Co navegador Mozilla Firefox acceda a "Ferramentas", a "Opcións de Internet", a pestana de "avanzado", e prema o botón "certificados".

Se atopa algún problema para acceder co seu DNIe, realice as seguintes comprobacións:

  • Que ten instalados os drivers do lector de tarxetas
  • Que ten instalado o certificado da policía
  • Que ten activado o PIN do DNIe

Tamén pode comprobar que o seu DNIe funciona correctamente seguindo os seguintes pasos:

  1. Acceda á páxina oficial do Corpo Nacional de Policía na ligazón: http://www.dnielectronico.es/como_utilizar_el_dnie/verificar.htm
  2. Desprácese ao final da páxina e seleccione a opción "Comprobación de certificados"

Para dar resposta a todas as dúbidas xurdidas no ámbito do espazoAbalar así como recoller os comentarios e aportacións que a comunidade educativa queira achegar a Consellería, pode empregar dúas vías de contacto:

O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Axencia para a  Modernización  Tecnolóxica de Galicia con dous obxectivos:

  • Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.
  • Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.

O espazoAbalar estase a desenvolver dun xeito continuado no tempo coa inclusión de novos servizos para toda a comunidade educativa. Actualmente dispón dun espazo adicado ás Familias (espazoFamilias), o que permite aos pais e nais integrarse en maior medida na vida académica dos seus fillos/as, un espazo para os profesores (espazoProfesores) e outro para os centros educativos (espazoCentros). Tamén está a disposición de toda a comunidade educativa un repositorio de contidos educativos dixitais.

Para dar resposta a todas as dúbidas xurdidas no ámbito do espazoAbalar así como recoller os comentarios e aportacións que a comunidade educativa queira achegar á Consellería, pode empregar dúas vías de contacto:

  • O servizo de Atendémolo, dispoñible na páxina de inicio do portal espazoAbalar
  • Ou o correo electrónico: espazoabalar@edu.xunta.es

Para dar resposta ás incidencias xeradas no uso do equipamento pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros (UAC) na seguinte dirección de correo electrónico: uac@edu.xunta.es.

Os centros que desexen formar parte da Rede Abalar deberán cumprir os seguintes requisitos técnicos:

Aulas que se deben cablear:

  • 5º y 6º de educación primaria.
  • 1º y 2º de ESO

Requisitos técnicos:

  • O centro deberá contar cunha conexión de datos á rede internet (ou a Rede Corporativa da Xunta de Galicia no caso de centros públicos) cunha velocidade nominal mínima de baixada de 2 Mbps.
  • Todas as aulas integradas no proxecto deberán contar cunha conexión de datos e eléctrica axeitada, que como mínimo estará composta por dúas tomas de datos RJ45 e cinco tomas eléctricas.
  • Todas as aulas integradas no proxecto deberán contar con circuítos de protección eléctrica dedicados debidamente dimensionados (cada circuíto dedicado non deberá dar servizo a máis de dúas aulas).

 

O Proxecto Abalar, é un compromiso da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria coa cidadanía galega, no ámbito da integración das TIC na práctica educativa, cuxo obxectivo principal é o de transformar os centros educativos tradicionais en centros educativos dixitais para:

  • Acadar a plena alfabetización das TIC entre os profesores e alumnos galegos.
  • Modernizar o sistema educativo galego.
  • Mellorar a calidade da ensinanza en Galicia.
  • Reducir o fracaso escolar.

O Proxecto Abalar garante a dotación e o mantemento da infraestrutura TIC en todos os centros educativos coa entrega de ultraportátiles aos alumnos/as e a dotación de aulas dixitais por medio do portátil para o profesor/a, o encerado dixital interactivo e o proxector, os armarios de carga dos ultraportátiles e as redes Wifi, fomenta a cultura dixital por medio da formación aos docentes e as familias, dota ao profesorado e o resto da comunidade educativa de contidos e recursos educativos dixitais e establece novas canles de comunicación entre a comunidade educativa  e presenza na Web por medio do espazoAbalar.

O servizo espazo Familias é un dos servizos do portal espazoAbalar que permite aos pais, nais e responsables legais acceder ao seguimento académico en liña dos seus fillos/as e establece unha nova canle de comunicación entre estes e os titores/as