NOVA DE ACTUALIDADE 29/06/2017

Consulta ao Mercado: Ábrese o procedemento de Consultas Preliminares do Mercado para a Posta en marcha dun servizo Premium de atención e soporte técnico á Educación Dixital no marco do Proxecto ABALAR-EDIXGAL

6
Average: 6 (2 votes)
Your rating: Ninguno
(2 votos)

Como paso previo á definición dos modelos de contratación pública que se desenvolverán nunha seguinte fase, considérase de interese promover un procedemento de Consultas preliminares do Mercado a modo de convocatoria aberta de propostas de solucións innovadoras, como medio para identificar tecnoloxías, solucións e modelos organizativos de interese para o reto que se propón no ámbito da atención e soporte aos usuarios da Educación Dixital.

O obxecto desta convocatoria é promover a participación de calquera persoa, física ou xurídica, pública ou privada para a identificación de propostas innovadoras que contribuirán ao proceso de desenvolvemento e execución do servizo referido.

O presente proceso de consultas preliminares do mercado realízase con vistas a preparar as futuras contratacións que a Administración autonómica ten previsto desenvolver durante as seguintes fases e informar aos operadores económicos acerca dos seus plans e os seus requisitos de contratación.

A convocatoria é aberta e diríxese a todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que teñan vontade de participación e de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento dos devanditos proxectos, tanto na súa definición e alcance como no desenvolvemento e innovación tecnolóxica e organizativa no ámbito indicado.

Poderá participar calquera persoa, física ou xurídica, interesada. A participación na convocatoria non leva por parte da Administración autonómica ningunha obrigación de financiamento ou aceptación das propostas presentadas.

A Administración dará aos participantes un tratamento igualitario e non discriminatorio, e axustará a súa participación ao principio de transparencia.

Reto

1.- Áreas/temas nos que o departamento quere investigar/innovar co obxectivo de mellorar a prestación de servizos públicos a través da innovación tecnolóxica e organizativa.

  • Canles de atención a usuarios
  • Modelos organizativos de prestación de servizo de atención remota e presencial
  • Elementos tecnolóxicos de xestión de servizos e dispositivos

 

2.- Actividades ou procesos intensivos en recursos do departamento susceptibles de mellorar mediante o emprego de solucións tecnolóxicas innovadoras.

  • Dispoñer dunha solución tecnolóxica, organizativa e de prestación de servizo innovadora relacionadas coa atención e soporte técnico ao profesorado, alumnado e familias participantes no modelo de Educación Dixital desenvolto no marco do Proxecto Abalar-EDIXGAL

 

3.- Retos que deberían afrontar ditas solucións

  • Que o usuario sexa atendido independentemente do momento temporal no que se produza a incidencia
  • Que esa atención se poida producir por distintas canles de atención (telemáticas, telefónicas, ...)
  • Que a atención se produza naquel punto do territorio onde se produce a incidencia se esta require unha atención presencial
  • Que os tempos de resolución das incidencias non sexan superiores ao axeitado para o correcto desenvolvemento da educación dixital
  • Que se preste atención non soamente a centros, senón tamén ao alumnado e ás súas familias, en calquera intre do proceso da educación dixital

 

4.- Equipo xestor e técnico que achega o departamento para colaborar co socio tecnolóxico.

  • Persoal técnico multidisciplinar con experiencia na xestión de servizos de atención a usuarios, e na xestión de equipamento de xeito remoto.

 

5.- Mellora operacional, optimización de procesos, redución de custos... que espera conseguir coa implantación das solucións tecnolóxicas innovadoras.

  • Atención continua 24x7
  • Atención por distintas canles presenciais e telemáticas
  • Atención sen desprazamento do usuario
  • Atención en tempos compatible coas necesidades educativas

 

Poderá dirixir calquera dúbida ou consulta, ao seguinte enderezo electrónico solucions-sectoriais.amtega@xunta.gal

 

6.- Documentación asociada

 

7. Formulario propostas de solucións innovadoras