O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 11/09/2017

Abalar: Aberto o prazo de matrícula para a formación sobre o Proxecto E-Dixgal

0
No votes yet
Your rating: Ninguno
(0 votos)

Está aberto o prazo de matrícula dos cursos para a formación relacionada co Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), os recursos dixitais, as actividades, as avaliacións, a Ferramenta de Autor, etc. dentro do Proxecto E-Dixgal.

Os principais obxectivos son:

  1. Familiarizar ao profesorado co Entorno Virtual de Aprendizaxe do proxecto E-Dixgal.
  2. Publicar recursos e actividades no EVA, tanto de produción propia como procedentes das ofertas editoriais.
  3. Mostrar as posibilidades do EVA para a avaliación e a comunicación co alumnado.

 

Estes cursos impartiránse no primeiro trimestre do curso 2017-2018.  Constan de 12 horas en 4 sesións de 3 horas.

O profesorado interesado pode inscribirse, a través da web de formación do profesorado: https://www.edu.xunta.es/fprofe/

  • C1702005 - Introdución ao EVA E-DIXGAL A Coruña 12 horas
  • F1702002 - Introdución ao EVA E-DIXGAL Ferrol 12 horas
  • L1702005 - Introdución ao EVA E-DIXGAL Lugo 12 horas
  • O1702008 - Introdución ao EVA E-DIXGAL Ourense 12 horas
  • P1702004 - Introdución ao EVA E-DIXGAL Pontevedra 12 horas
  • P1702005 - Introdución ao EVA E-DIXGAL Pontevedra 12 horas
  • S1702009 - Introdución ao EVA E-DIXGAL CAFI 12 horas
  • V1702004 - Introdución ao EVA E-DIXGAL Vigo 12 horas

 

Os destinatarios son todos/as os /as coordinadores/as E-Dixgal, profesorado de cursos E-Dixgal, profesorado de centros E-Dixgal, profesorado de centros Abalar, sendo a data límite para inscribirse unha semana antes do comezo do curso.