O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 08/05/2011

Xunta de Galicia: Ábrese o prazo para a incorporación de novos centros á Rede Abalar

Hoxe, 27 de Abril, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 15 de Abril, na que se convoca a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2011/2012.

Continuando coa estratexia da integración plena das TIC na práctica educativa, o obxecto desta convocatoria é dar a coñecer os criterios para a selección de novos centros educativos galegos para formar parte do Proxecto Abalar no próximo curso académico.
A esta convocatoria poderán presentarse todos os centros educativos galegos sostidos con fondos públicos que impartan os niveis educativos de 5º de educación primaria e 1º de secundaria durante o curso 2011/2012, a excepción dos centros que xa forman parte da Rede Abalar. 
 
Adicionalmente, os centros tamén deberán cumprir unha serie de requisitos para formar parte do Proxecto:
 
  • Dispor do apoio maioritario do consello e do claustro escolar do centro.
  • Presentar un proxecto que dea a coñecer ao centro e o obxecto da súa participación no Proxecto Abalar.
  • Propoñer a unha persoa para desenvolver as funcións de coordinador Abalar.
  • Contar coas infraestruturas eléctricas e de datos necesarias.
 
Pasar a formar parte da Rede Abalar, tamén terá unha serie de obrigas e compromisos para os centros no referente á formación do profesorado, ao impulso do proxecto, ao emprego das ferramentas e recursos, etc.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. 
 
Nota: Incluíronse nos anexos en OpenOffice e Word correcións na firma dos anexos VII e VIII da resolución do 15 de abril de 2011 "Selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2011-2012" .