O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 28/02/2020

Xunta de Galicia: Actuacións para o impulso das vocacións STEM no 1º trimestre do 2020

Durante as próximas semanas activaranse as seguintes actuacións do catálogo DigiTalent co obxectivo de promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre os/as máis novos/as:

Charlas DigiTalent. Coa colaboración de 9 entidades do ecosistema dixital impartiranse máis de 70 charlas en centros educativos de Galicia vinculadas a novas tendencias dixitais como a Intelixencia Artificial, Blockchain, Ciencia do dato ou a Ciberseguridade, entre outras.

Período de inscrición: do 28 de febreiro ata o 06 de marzo de 2020

https://digitalent.xunta.gal/gl/iniciativa/charlas-digitalent

 

  • Tecnólogo por un día. A Amtega, en colaboración con 6 empresas TIC galegas, lanza a cuarta edición deste programa, ofrecendo novas prazas para que estudantes de 12-17 anos experimenten un día de traballo no marco das profesións dixitais.

 

  • Acerca-T. Televés porá en marcha por segundo ano a súa unidade móbil equipada con material de telecomunicacións e robots deseñados e fabricados pola empresa, visitando distintos centros educativos galegos co fin de familiarizar ao alumnado e espertar novas vocacións STEM. Ademais, esta iniciativa complementarase con formacións técnicas incluíndo talleres de robótica colaborativa, deseño e impresión 3D.

 

  • Período de inscrición: do 09 de marzo ata o 20 de marzo de 2020, a través do email digitalent@televes.com (indicando nome e apelido do/a alumno/a,  teléfono de contacto, estudos,  escola de procedencia e motivo polo que se solicita a praza)

 

  • Mentoring Day. A empresa Televés tamén ofrecerá a oportunidade de experimentar unha xornada de traballo nas súas instalacións a alumnado de Bacharelato e formación profesional na que poderán observar as labores que se realizan e mellorar a visión das profesións científico-tecnolóxicas.

 

  • Período de inscrición: do 09 de marzo ata o 20 de marzo de 2020 a través do correo electrónico digitalent@televes.com. Indicarase nome e apelidos, teléfono de contacto, estudos, escola de procedencia e motivo polo que se solicita a praza.

 

  • GenTech. A empresa Altia está a desenvolver a II edición do seu programa de charlas en centros educativos para achegar as profesións tecnolóxicas aos estudantes de bacharelato e resolver posibles dúbidas do mundo profesional do sector TIC

 

  • Crea R e Nativos R. A empresa R pon en marcha un ano máis en diversas localidades galegas os talleres de robótica Crea R dirixidos a nenos e nenas de 7 a 12 e faranse coincidir simultaneamente as charlas Nativos R para orientar a pais/nais/titores no uso seguro da Internet e redes sociais.
  • Período de celebración: do 01 de marzo ao 01 de xuño de 2020

 

  • Dixixogo. A empresa Iecisa impulsa unha serie de actividades lúdico-formativas, de temática tipo Lego Mindstorms, nas instalacións de El Corte Inglés, en La Molinera - Ourense, no parque tecnolóxico de Galicia - Lugo e nas aulas dos Concellos, para que nenos e nenas de 6 a 14 anos adquiran habilidades dixitais a través do xogo.
  • Período de celebración: desde marzo a xuño de 2020

 

Todos os detalles destas actuacións así como as instrucións para participar irán actualizándose no espazo web digitalent.xunta.gal/gl/actividades/infancia-adolescencia