O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 04/02/2021

Xunta de Galicia: Actuacións para o impulso das vocacións STEM no 1º trimestre do 2021

Durante as próximas semanas activaranse as seguintes actuacións do catálogo DigiTalent co obxectivo de promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre os/as máis novos/as:

Mentoring day. Estudantes de bacharelato e/ou formación profesional poderán acompañar a traballadores da empresa Televés durante unha xornada de traballo.

INSCRICIÓNS: do 1 o 10 de marzo de 2021, a través do email digitalent@televes.com (indicando nome e apelido do/a alumno/a, teléfono de contacto, estudos,  escola de procedencia, motivo polo que se solicita a praza e no nome do asunto “MENTORING DAY”)

Formacións técnicas. Televés porá en marcha unha serie de talleres para estudantes de ESO e Bacharelato en torno a robótica colaborativa ou impresión 3D que achegarán aos asistentes ás novas tecnoloxías.

INSCRICIÓNS: do 1 o 10 de febreiro de 2021 e do 1 ao 10 de marzo, segundo o taller, a través do email digitalent@televes.com (detalle)

GenTech. A empresa Altia desenvolve unha nova edición do seu programa de charlas en centros educativos para achegar as profesións tecnolóxicas aos estudantes de bacharelato e resolver posibles dúbidas do mundo profesional do sector TIC.

Solicitudes de inscrición ata o 15 de febreiro de 2021 a través da páxina web: www.altia.es/es/gentech

The North Codes. Concurso de programación da man da empresa DXC Technology , dirixido a estudantes que se encontren cursando entre 5º EP e 4º ESO no que, por equipos, teñen que crear un videoxogo de aventuras (entrega de proxectos a través da web do concurso).

- Inscrición: Entrega dos seus proxectos na web do concurso ata o 20 de maio de 2021

 

Todos os detalles destas actuacións así como as instrucións para participar irán actualizándose no espazo web digitalent.xunta.gal/gl/actividades/infancia-adolescencia