O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 09/12/2020

Abalar: Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 124 novos recursos educativos dixitais

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta educativa, nesta ocasión con 124 novos contidos en formato dixital, que se incorporan aos existentes, en varios idiomas e para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os contidos proceden fundamentalmente de 2 liñas de actuación: por un lado, 87 novos contidos creados no eido das licenzas por formación dos tres últimos cursos académicos.E por outra parte, a actualización de 31 recursos, nos que se modernizou a tecnoloxía empregada, entre eles, varios cursos completos para aulas virtuais.

 

Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no reposito de contidos dixitais espazoAbalar, teñen a súa disposición un procedemento no que se explican os pasos a seguir.