O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 03/04/2017

Abalar: Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 27 novos recursos educativos dixitais

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 27 novos contidos educativos en formato dixital.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.939 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os contidos proceden de:

Dos talleres literarios en lingua castelá da docente Felisa Redondo Valín para o alumnado da ESO que usou o procedemento de cesión de dereitos:

·Quienes los árboles cantan

·Servilleteros literarios

Da licenza por formación no curso 2015/16 de Iria García de la Fuente  cun Obxecto Dixital Educativo en Cuadernia para traballar en primaria o Universo, a Vía Láctea, os planetas... dun xeito lúdico e gamificado, a través dunha narrativa de viaxe/aventura espacial transversalizada por contidos de educación viaria:

·autoestopista galáctico

Da actualización da licenza relizada polas docentes María Albarellos Codesido e Julia González Pérez en LIM para o estudo das categorías gramaticais na área de lingua galega de 3º a 6º de Educación Primaria:

·Descubrindo as palabras

·Descubrindo as palabras: Adxectivos

·Descubrindo as palabras: Demostrativos

·Descubrindo as palabras: Numerais indefinidos

·Descubrindo as palabras: Posesivos

·Descubrindo as palabras: Pronomes persoais

·Descubrindo as palabras: Substantivos

Da licenza por formación “Francophonie 1 “ no curso 2015/16 realizada por Marianne Equy, María González Lopo e Santiago González Lopo en Exelearning para o estudo en 1º da ESO do Francés como segunda lingua estranxeirao alumnado de 1º da ESO:

·Francophonie 1

Da licenza por formación de creación de ODEs para 1º da ESO na materia de Lingua Castelán realizada por María J. Lojo Abeijón no curso 2015/16:

·Las horas que me gustan

·Hablando se entiende la gente

·Viviendo en los árboles

Dos ODEs realizados por Margarita Lorenzo Cimadevila durante a licenza por formación no curso 2015/16 en galego, castelán e inglés que pretenden amosar ao alumnado a relación existente entre a Ciencia e a Arte: buscando desenvolver entre outros obxectivos a creatividade, ademais de promover vocacións científicas e artísticas.

·Ciencia e arte 2

·Ciencia y arte 2

·Science and art 2

Da licenza por formación realizada no curso 2015/16 en Exelearning por José Alberto Pena Rey para 1º da ESO na área de Educación Plástica e Visual e que incide nos bloques curriculares: "Expresión plástica" e o bloque "Debuxo técnico" :

·Creatividade a través da plástica

Da licenza por formación no curso 2015/16 realizada por Teresa Mª Comojo Gómez e Mariano Casas Gil a xeito de cómic na Rede para ensinarlles aos lectores as claves da linguaxe narrativa secuencial propia da banda deseñada a través de 19 historias curtas:

·A tres bandas (castellano)

·Three points of view

·A tres bandas (galego)

Da Unidade didáctica (en galego, castelán e inglés) sobre o oficio do ilustrador: tipos e características dos libros ilustrados, partes dun album ilustrado, o traballo didáctico... realizado por José Tomás Díaz Teijo durante unha licenza por formación no curso 2015/16:

·A gata Pinta: Estudo de ilustración

·A gata Pinta: Estudio de ilustración

·A gata Pinta: Ilustration Studio

Do traballo realizado pola docente Concepción Arias Neira que usou o procedemento de cesión de deritos sobre a vida e obra de Carlos Casares (Letras galegas 2017):

·Carlos Casares: Biografía e obra

Dos traballos realizados por Aurora Gay Méndez para conmemorar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia que usou o procedemento de cesión de dereitos:

·Día Escolar da Non Violencia e da Paz

·libro da Paz

Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.