Abalar: Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 30 novos recursos educativos dixitais
O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 30 novos contidos educativos en formato dixital.
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.911 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
Os contidos proceden de:
Da licenza de formación no curso 2015/16 de Eva Rosa López Villanueva que leva por título "Pingas de lingua" onde se abordan cuestións sobre gramática da lingua galega para 1º da ESO:
- Pingas de lingua: o nome (xénero 1: xénero único)
- Pingas de lingua: o nome (xénero 2: de masculino a feminino)
- Pingas de lingua: o nome (exercicios de xénero 2)
- Pingas de lingua: o nome (xénero 3: casos especiais)
- Pingas de lingua: o nome (formación do plural)
- Pingas de lingua: o nome (exercicios de plurais)
- Pingas de lingua: o nome (o plural das palabras compostas)
- Pingas de lingua: o nome (plural: casos especiais)
- Pingas de lingua: o adxectivo (graos do adxectivo)
- Pingas de lingua: o artigo
- Pingas de lingua: o artigo (os usos do artigo)
- Pingas de lingua: os posesivos e os demostrativos
- Pingas de lingua: os indefinidos
- Pingas de lingua: os numerais
- Pingas de lingua: os interrogativos, exclamativos e relativos
- Pingas de lingua: os pronomes persoais tónicos
- Pingas de lingua: o pronome persoal átono
- Pingas de lingua: a colocación do pronome átono
- Pingas de lingua: os verbos regulares
- Pingas de lingua: tempos e modos verbais
- Pingas de lingua: o infinitivo conxugado e as perífrases verbais
- Pingas de lingua: o adverbio
- Pingas de lingua: o adverbio 2
- Pingas de lingua: as preposicións e locucións prepositivas
Da licenza por formación no curso 2014/15 de Adela Mirás Calvo cun Obxecto Dixital Educativo para traballar o deporte tradicional dos bolos en Galicia: a súa orixe, historia, modalidades... Inclúe actividades interactivas:
Da licenza de formación no curso 2015/16 realizada por Ana Dapena Mora para o alumnado de 3º da ESO formada por unha unidade didáctica na que ademáis de desenvolver contidos curriculadores pretende achegar ao alumnado o proceso de creación e evolución das teorías científicas:
Do recurso realizado polo docente José M. Míguez Rodríguez que utilizou o procedemento de cesión de dereitos con actividades interactivas para traballar a Biblia na ESO:
De ODEs realizados pola docente Felisa Redondo Valín que utilizou o procedemento de cesión de dereitos para compartir recursos para 4º da ESO na área de lingua castelá:
- ¿Nos conocemos? (Recurso para a creación literaria a partir do tema das presentacións individuais e grupais )
- Tenemos ideas, tenemos rostro, tenemos voz (Recurso para conmemorar o 25 de novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller centrándonos no ámbito da creación literaria )
- La efeméride y la reseña (Unidade que fomenta o traballo cooperativo entre o alumnado )
Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.