O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 05/05/2017

Abalar: Actualización do repositorio de contidos de espazoAbalar con 33 novos recursos educativos dixitais

6
Average: 6 (2 votes)
Your rating: Ninguno
(2 votos)

O repositorio de espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 33 novos contidos educativos en formato dixital.

Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.972 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

Os contidos proceden de:

Da actualización da unidade didáctica dentro do "Proxecto 1: Violencia machista"  en lingua castelá da docente Felisa Redondo Valín para o alumnado da ESO e bacharelato que usou o procedemento de cesión de dereitos:

Aspivida: Antídotos contra a violencia de xénero

Da licenza por formación no curso 2015/16 de Roberto Alhambra Sánchez  cun xogo de rol para o alumnado de 5º de primaria na área de ciencias sociais:

Viaje al espacio exterior

Da licenza de formación no curso 2015/16 de Cristina González Treceño consistente nun xogo de preguntas e respostas en HTML5 sobre imaxes relevantes da historia da arte.
Está pensado como recurso educativo na aula de plástica e permite elixir idioma: castelán, galego ou inglés:

Testearte Primaria

(este recurso é unha continuación de outro da mesma autora para secundaria:  Testearte ).

Da licenza por formación no curso 2015/16 de Antonio Domínguez e Carlos Novo consistente nun curso para o uso de "Open Orienteering Mapper": software de creacción de mapas específicos de orientación deportiva libre e de código aberto. É compatible con windows, linux, Mac e android. Ao final do curso podemos descargar a copia de seguridade para restaurar na aula virtual Moodle do noso centro:

A elaboración do mapa de orientación con software libre

Da licenza por formación no curso 2015/16 “Geometría de la ESO con Geogebra “ realizada por Mª América Fernández Míguez  en Geogebra e Exelearning para a área matemática en 2º da ESO:

Geometría de la ESO con Geogebra: Proporcionalidad geométrica y Teorema de Thales

Geometría de la ESO con Geogebra: Movimientos en el plano

Geometría de la ESO con Geogebra: Teorema de Thales y semejanza

Geometría de la ESO con Geogebra: Trigonometría I: Razones trigonométricas de ángulos agudos

Geometría de la ESO con Geogebra: Trigonometría II

Da licenza por formación no curso 2015/16 de Pablo Trashorras de la Fuente con videotitoriais "Tutomate" dos contidos de matemáticas para 1º, 2º, 3º e 4º da ESO:

Tutomate 1º ESO

Tutomate 2º ESO

Tutomate 3º ESO

Tutomate 4º ESO

Da licenza por formación no curso 2015/16 de Javier Jurado e Juan Casado formada por unha Aula Virtual con unidades didácticas para a materia de Educación Musical en 5º de Primaria. Ao final da aula hai unha copia de seguranza para restaurar na Aula Virtual Moodle do centro:

Fía, fía, fía na roca. A música galega na Educación Musical

Da licenza por formación no curso 2015/16 de Jesús A. García Rañales formada por un ODE que pretende derribar o muro ao que se enfrenta o alumnado da ESO: a distancia entre as "matemáticas da clase" e o que soemos denominar como "mundo real":

Cocinando con las mates

Da licenza por formación no curso 2015/16 de Damián Guede Otero formado por un curso Moodle con temario da material de "Lengua castellana y literatura" en 1º de Bacharelato. Inclúe ligazón coa copia de seguranza para restaurar na Aula Virtual Moodle dos centros:

Lengua castellana y literatura - 1º Bach

Actualización do recurso "E tí de onde ves sendo?" de Mª Pilar Buela Piedra e Juan Carlos Montejano Rivas no que traballamos os topónimos, tipos de topónimos e clasificación, así como a relación entre a toponimia e a paisaxe, a poboación e a lingua:

E ti de onde vés sendo?

Da licenza por formación no curso 2015/16 de Francisco Sánchez Sánchez e Nuria Garabal GonzálezGaLiZa ExPréSS: unha viaxe matemática a través de 13 rutas máxicas”. Trátase dun proxecto de carácter lúdico-educativo que engloba unha serie de actividades de aprendizaxe integradas relacionadas coa aplicación das matemáticas en situacións reais:

GaLiZa ExPréSS. Ruta 1: Ruta do Baixo Miño. Tui

GaLiZa ExPréSS. Ruta 2: Ruta das Rías. Baiona, Vigo e Pontevedra

GaLiZa ExPréSS. Ruta 3: Ruta do Salnés e Barbanza. Vilagarcía, Cambados e Corrubedo

GaLiZa ExPréSS. Ruta 4: Costa da Morte

GaLiZa ExPréSS. Ruta 5: Ruta coruñesa: A Coruña

GaLiZa ExPréSS. Ruta 6: Ruta dos mexillóns: Betanzos, Pontedeume e Ares

GaLiZa ExPréSS. Ruta 7: Ruta da Mariña Lucense: Viveiro e Ribadeo

(na seguinte actualización do repositorio publicaremos as 6 rutas restantes)

Da licenza por formación no curso 2015/16 de José Manuel Viñas Diéguez consistente nunha aula virtual formada por actividades de investigación útiles para alumnos de ESO. As actividades seguen o método indagativo, que ensina a ciencia facéndose preguntas e tentando respondelas seguindo o método científico:

Laboratorios virtuais e ciencia cidadá

Da licenza por formación no curso 2013/14 e no presente curso académico 2016/17 de Miguel Fernández Acebedo "Da pauta á frauta" e "Da pauta á orquestra". O principal obxectivo de este proxecto é proporcionar tanto a mestres como alumnos un método eficaz para enfrontarse a unha partitura, amosando os pasos a dar para conseguir executala de forma vocal e instrumental. A aula virtual inclúe copia de seguridade para restaurar en Moodle:

Da pauta á frauta

Da pauta á orquestra

Dos traballos realizados por Aurora Gay Méndez  (que usou o procedemento de cesión de dereitos) para conmemorar a figura de Carlos Casares (Letras galegas 2017), así como outros traballos de pregunta-resposta en flash:

Letras galegas 2017: Carlos Casares

Árbores, arbustos, plantas e herbas

Os animais

Da licenza por formación no curso 2015/16 de María Segura Espinosa  consistente nunha aula virtual cun curso de Bioloxía e Xeoloxía para 1º ESO. Inclúe unha aplicación para dispositivos móbiles Android e en formato SCORM sobre os ecosistemas mariños de Galicia:

O océano: a última fronteira da Ciencia

Da licenza por formación no curso 2015/16 de José Luis Río Silva formado por 19 libros dixitais "Proxecto Olimpus"  en galego e castelán da área de Educación Física de Educación Primaria, dirixido ao alumnado de 6º nivel:

Proxecto Olimpus: Actividades na natureza I

Proxecto Olimpus: Actividades en la naturaleza I

(na seguinte actualización publicaremos os 17 libros restantes do "Proxecto Olimpus")

Aquelas persoas que elaboran material educativo e estean interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.