Abalar: Actualización do repositorio de contidos do portal espazoAbalar con novos recursos educativos dixitais
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.038 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.
- De contidos para 2º de Bacharelato cedidos por Anxo González e Vitoria Ogando sobre Lingua galega e literatura - Preparación para a selectividade (Teoría).
- Das licenzas de formación durante o curso 2011/2012 de: Anxos Nieto González con materiais de tecnoloxía para 1º da ESO, de Ánxela Loureiro Fernández tamén para 1º da ESO na área de Xeografía e Historia e de Ana María Quintela Gómez sobre constumes e tradicións galegas (a matanza, a vendima,...).
- De recursos de docentes que empregaron o procedemento de cesión de dereitos para compartir os seus materiais .
- De traballos realizados na convocatoria "Piale 2012"
Os novos recursos publicados son os seguintes:
Título | Descrición | Nivel educativo |
A Catedral de Lugo: Historia e características |
Libro Lim para traballar os conceptos básicos de xeometría, planos, volume, áreas. Autoras: Josefa Lorenzo Sanjurjo e Gema Cilleros Cembellín |
1º ESO |
Are ants tecnologist? |
Partindo desta pregunta aparentemente absurda os alumnos irán descubrindo as peculiaridades da tecnoloxía, as súas diferenzas coas técnica e o seu obxectivo fundamental. Autor: Anxos Nieto González |
1º ESO |
As construccións góticas |
Video-documental para traballar na aula as características técnicas das construcións góticas.
Autora: Ánxela Loureiro Fernández
|
1º ESO |
Characteristics of the animals
|
Libro LIM para traballar o léxico dos animais en inglés: animais, partes do corpo, adxectivos, descrición... Autores: Begoña Castro López, Rosa Lage Otero, Daniel Penelas Sánchez e Miguel Ángel López Raño |
4º Primaria |
Electricity |
Dende o descubrimento da electricidade na antiga Grecia ata a produción da corrente eléctrica pasaron moitos séculos converténdose nunha das características da sociedade actual. Autor: Anxos Nieto González |
1º ESO |
Estamos de magosto |
Unidade didáctica sobre o tema do “Magosto en Galicia”: A castaña como alimento básico, a súa importancia histórica; variedades segundo a calidade ou tamaño; a tradición , costumes e celebración do magosto; o seu significado,... | 6º Primaria |
Etapas do proceso tecnolóxico |
Moitas das situacións que se dan a diario, mesmo fóra do ámbito das actividades que esperaríamos como “tecnolóxicas” debe seguir os mesmos pasos que habitualmente se dan nunha aula de tecnoloxía. Autor: Anxos Nieto González |
1º ESO |
Hardware e Software |
Revisión detallada dos conceptos e elementos máis importantes do hardware e do software dun ordenador, con actividades de formatos variados para diferenciar con claridade estes termos e os dispositivos que se inclúen neles. Autor: Anxos Nieto González |
1º ESO |
How to finance my bussines |
Libro Lim para traballar en inglés a materia de Obradoiro de emprendedores, con conceptos básicos de economía e empresa. Autores: Manuel Conde Arosa, Julia Blanco Álvarez, Mª del Carmen Rodríguez Álvarez |
3º ESO |
Lingua galega e literatura - Preparación para a selectividade (Teoría) |
Teoría de lingua e literatura galega para a preparación da selectividade. Están optimizados para Smarphone e Tableta, tamén en PDF. Autores: Anxo González e Vitoria Ogando |
2º Bacharelato |
Metals |
Presentación dun dos grupos de materiais máis importantes dende o punto de vista práctico: os metais. Definición, grupos de metais, características e aplicacións máis importantes. Autor: Anxos Nieto González |
1º ESO |
Non ferrous metals |
Presentación dun dos grupos de materiais máis importantes dende o punto de vista práctico: os metais. Definición, grupos de metais, características e aplicacións máis importantes. Metais férricos: obtención e peculiaridades. Autor: Anxos Nieto González |
1º ESO |
O Camiño de Santiago |
Video-documental para traballar na aula o significado do Camiño de Santiago. Autora: Ánxela Loureiro Fernández |
1º ESO |
O cómic |
Brincaletras para traballar o mundo do cómic tanto da escola bruguera como de personaxes destacados europeos e americanos. | 1º ESO |
O románico na catedral |
Video-documental para traballar na aula as características técnicas da Catedral de Santiago. Autora: Ánxela Loureiro Fernández
|
1º ESO |
Pictoaplicaciones |
Web coa finalidade de axudar a persoas que teñen dificultades de expresión mediante a linguaxe oral, a progresar na súa comunicación e comprensión de coñecementos, a través de aplicacións desenvoltas con pictogramas.
|
2º Primaria |
Structures |
A construción de pontes e o descubrimento e uso de novos materiais permitiu acordar distancias, construír en vertical, crear obxectos outrora inimaxinables e cunha resistencia que parece camiñar cara o infinito.
Autor: Anxos Nieto González
|
1º ESO |
Take a tour in the solar system |
Libro Lim para traballar en inglés o sistema solar. Autoras: Leticia Alonso Álvarez, Marta Mosquera Rivas, Mª Asunción del Valle Cortiñas |
1º ESO |
The grape harvest |
Neste paquete de actividades Ardora recopílanse contidos sobre a vendima. O zip de descarga inclúe un powerpoint sobre a vendima na Riberia Sacra. Autora: Ana Mª Quintela Gómez |
1º ESO |
The killing of the pig |
Neste paquete de actividades Ardora recompílanse contidos sobre a matanza do porco en Galicia. O arquivo ZIP de descarga inclúe unha presentación sobre o mesmo. Autora: Ana Mª Quintela Gómez |
1º ESO |
Un problema |
Hoxe en día a capacidade de traballar en grupo e o desenvolvemento de estratexias apropiadas e rápidas para a solución de problemas varios é unha competencia crítica á hora de facer fronte á vida cotiá e sumamente valorada no mercado laboral. Autor: Anxos Nieto González |
1º ESO |
WebQuest: A matanza |
Webquest para traballar o tema da matanza do porco en Galicia. Autora: Ana Mª Quintela Gómez |
1º ESO |
WebQuest: A vendima |
Webquest para traballar o tema da vendima en Galicia, o viño e a súa historia. Autora: Ana Mª Quintela Gómez |
1º ESO |
Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.