O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

ACTUALIDADE DO PROXECTO 27/10/2014

Abalar: Agueiro

6
Average: 6 (1 vote)
Your rating: Ninguno
(1 votos)
Agueiro é unha plataforma en liña que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, ofrecen aos centros educativos galegos como ferramenta para poder crear a súa propia comunidade educativa virtual onde poderán participar tanto o profesorado como o alumnado do propio centro educativo.
 
Esta plataforma combina as funcionalidades de rede social educativa, portafolio dixital educativo e espazo persoal de almacenamento na nube.
 
Os centros educativos que o soliciten, poderán dispoñer da súa propia comunidade educativa virtual dentro de Agueiro, da que poderán formar parte tanto o profesorado como o alumnado do propio centro. Cada unha destas comunidades terá o seu propio administrador (un responsable do centro educativo) e os seus propios xestores (o profesorado do centro) que serán os encargados de realizar o mantemento e a xestión íntegra da súa comunidade.
 
Ditas comunidades proporcionan ferramentas e funcionalidades específicas para os usuarios que pertencen a elas, como son a creación de grupos, espazos compartidos, ferramentas colaborativas, foros de debate, páxinas, … etc.
 
Desta forma, todo o profesorado dos centros educativos de Galicia de ensino non universitario, pode acceder ao seu espazo persoal en Agueiro con só introducir os seus datos de identificación corporativa, é dicir, o mesmo usuario e contrasinal que usa para acceder á súa conta de correo electrónico "usuario@edu.xunta.es".
 
Así mesmo, os centros educativos poden dar de alta aos seus propios alumnos, polo que os estudantes van a dispoñer do seu propio espazo persoal privado así como tamén do acceso a todas as funcionalidades propias das comunidades.
 
Todos os centros educativos de Galicia poden solicitar a creación dunha comunidade educativa virtual dentro de Agueiro. A solicitude deberá facela a dirección do propio centro educativo, por medio dun correo electrónico dirixido á conta “agueiro@edu.xunta.es” e indicando os datos persoais da persoa (docente do centro) designada como responsable e administradora desta nova “Comunidade Educativa Virtual” dentro de Agueiro.
 
Correo electrónico: agueiro@edu.xunta.es