O que está a acontecer agora en Abalar

Abalar na rede :

  • Redeiras
  • Facebook
  • Twitter
  • Youtube

NOVA DE ACTUALIDADE 13/04/2012

Xunta de Galicia: Celebrada a xornada do Congreso Formación e competencias na nova sociedade dedicada ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a atraer de forma masiva a estudantes e docentes á Mostra do Ensino 2012, á que asistiron este xoves como público 45 colexios de toda Galicia. Todos eles participaron activamente nas actividades e obradoiros que se están a desenvolver tanto na aula Abalar, como na de emprendemento e nos stands de Formación Profesional no marco deste evento, que se desenvolve en EXPOCoruña.

Por outra banda, tamén se celebrou a segunda xornada do congreso Formación e competencias na nova sociedade, de forma paralela á Mostra, dedicada ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Así o programa da mañá contou coas intervencións de Miguel Angel Prats, da Universidade Ramón Llull, que falou das TIC e a xestión do cambio, e Dolors Reig, que disertou sobre as redes sociais na educación e asegurou que a sociedade sufriu unha transformación imparable e polo tanto a maneira de ensinar é outra.

Posteriormente os Asesores Abalar Juan Menéndez e Alejandro Rodríguez presentaron Redeiras, destacando que é unha rede social para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, co fin de fomentar o traballo colaborativo e o intercambio de experiencias como complemento á súa práctica educativa.

Finalmente, tivo lugar una mesa redonda moderada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, que sinalou que o Proxecto Abalar "é una iniciativa que vai máis alá de dotar de equipamento tecnolóxico ás aulas", senón que se trata "dunha integración efectiva das novas tecnoloxías na práctica educativa, que foi iniciado en 2010 co obxectivo de converter os colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais". Neste mesa redonda participaron representantes das Comunidades Autónomas nas que explicaron as fases de implantación das TIC, e que contou coa participación de Juan Ramón Villar, do Ministerio de Educación; Manuel Magdaleno, do Goberno de Aragón; Pilar González, da Junta de Castilla y León; Ángeles Rivero, da Junta de Extremadura; e Carlos Vázquez, da Xunta de Galicia.

A xornada completouse pola tarde coa realización dos Obradoiros TIC dedicados ás ferramentas de creación de contidos, aos proxectos colaborativos, ao software libre no ensino, ás necesidades educativas especiais, e ás empresas TIC.